Ola:

Resposto


Felipe Gil Castiñeira escribió:
Ola a todos,

Permitídeme de novo puntualizar sobre Rosetta. Xa que se tratou este
tema, lamento máis o non ter podido ir á reunión :-( .

Daniel Muñiz Fontoira wrote:
  
Ola:
Eu faría un pouco mais fincapé sobre a cuestión de ferramentas para
traductores que foi algo que penso que todos opinamos que habería que
mellorar (¿unificar criterios?) Pois eu entendín que dentro de trasno
íase abrir un fio sobre os sistemas e ferramentas para tradutores mais
idoneos.

Tamén se falou de que sería interesante de centralizar repositorios.

En canto a deficiencias (criticas de rosetta) foi que as traducións
que se facían en rosetta non pasan aos repositorios xerais pero sí ao
revés.
    
A maior deficiencia que ten Rosetta agora mesmo é o control da
calidadade das traducións. O paso das traducións aos repositorios sempre
se pode facer manualmente.
  
O caso é que teño entendido de que se ten dado o caso de que ese paso manual non se fai e duplicase traballo
Non se poderían unificar as fontes dos repositorios para todos os traductores? indiferentemente de que se use roseta, pootle ou mesmo descarga do .po e tradución en local? so son proguntas de alguen que non coñece o proceso e se se pode ou non.

  
Na miña opinión, habería que por nun servidor todos os arquivos a
traducir e que contra el traballase o pootle (xa que rosetta é unico e
especifico para ubuntu) e tamén quen quixese puidese descargar o .po
para traducilo en local, así estarían as dúas posibilidades unificadas
e usaríamos todos os mesmos repositorios.  Isto ultimo non sei se é
posibel.
    
Preténdese incluso que as ferramentas para traballar cos ".po" teñan
interface con Pootle, pero isto aínda non está funcionando. Aínda que
Pootle promete moito, agora mesmo (xa está a versión 0.91 e eu probei a
0.9) está moito menos evolucionado ca Rosetta. Como mencionei noutro
correo, estou seguindo bastante a evolución de Pootle, en canto apareza
a primeira versión que permita levar as traducións dun xeito cómodo, con
control de calidade, etc. avisarei.
  
O caso é que non todo o mundo usa ubuntu e talvez sería mellor traducir todos o mesmo repositorio de .po e non varios e estar comprobando en todos se si ou non está traducido, ¿non?


  
Un saúdo.
    Felipe.


_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
  
dmunhiz

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a