Ola a todos,
sinto moito non poder ter ido á xuntanza, sobre todo porque prometera
ir. Pero debido a que cría que existía un transporte a determinadas
horas, sen verificar se realmente existia ou non, non puiden ter ido.
Agradezo moito o resumo, xa que asi teño algo de idea do que se
discutiu. Outro día habería que discutir sobre o porque de tantos
proxectos de traducción diferentes e de cando se vai botar a andar de
maneira oficial a nova web de Trasno. Eu persoalmente agardo a que se
faga o modulo que permita ter táboas con estatisticas, xa que na
páxina sobre a traduccion de Mandriva é o único que habia.
Tamen vexo que discutistes sobre ferramentas para traductores, un tema
que me parece interesante, e do que non teño moita idea.
Ata logo,
Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno