Boas Xabi,
O primeiro agradecerte o resumo, co longa que foi a reunión non é
sinxelo, pola miña parte foi moi interesante escoitar as vosas
aportacións, intentaremos telas en conta. Quería nion obstante facer
algunha observación/aclaración menor ao resumo:
Xabi G. Feal wrote:
Fixen este pequeno resumo do falado na reunión entre A.Pérez Casas e algúns
dos que asistimos dende Trasno. Imaxino que faltan cousas e algunhas outras
non entran nunha información imparcial, pero as dúas ou tres opinións
persoais que hai adoitan estar ben localizadas). Agradécense ampliacións e
correccións:
- Que o compromiso polo software libre provén da Consellaría de Industria e
Innovación e fica polo tanto atento principalmente ao desenvolvemento e
promoción das empresas do sector tecnolóxico galego no novo campo dos
servicios relacionados co software libre.
- Que entre as políticas puramente dirixidas ao software libre farán fincapé
no emprego dos estándares e no apoio ao movemento colaborativo-asociativo. O
proxecto se atopa aínda en fase inicial e, máis que a unha desatención
voluntaria, o desentendemento con asociacións e grupos como Trasno,
Ciberirmandades, Galego21 provén dunha precipitación inicial e de que, no
noso caso, á administración lle resulta difícil estabelecer trato, convenios
e iniciativas con grupos sen entidade xurídica. Rexeitáronse taxantemente
dende un principio as tentativas que tiñan algúns dos LUGs galegos de
realizar os traballos (de calquera índole) mediante contratación ou pago dos
seus asociados e confíase en que sexa a comunidade de desenvolvedores por
libre e as empresas a que faga e colabore asiduamente nos traballos
(tradución, desenvolvemento...) que se enmarquen dentro dos mesmos obxectivos
que a Consellaría. Non se rexeita, por outra banda, que a administración
documente e traduza algúns proxectos de software empresariais que algunhas
empresas galegas están dispostas a liberar nun futuro baixo licencia libre.
Non creo ter mencionado que os LUGs tiverán tentado realizar traballos
mediante contratación cando indiquei que non me parecía adecuado que en
xeral a relación da administración co movemento asociativo forá mediante
contratación directa de servizos, que para iso estaban as empresas. Que
creía posible unha relación da administración co movemento asociativo,
pero mediante estratéxias colaboración que implicarán o fortalecemento
do mesmo como movemento, non mudandolo a movemento empresarial.
- Non se volverá a repetir un caso como o do OpenOffice xa que non vai ser ese
o estilo de acadar axiña resultados (discutiuse a calidade do traballo do
OpenOffice, sobretodo no relativo ao diccionario que se adxuntou e que carece
hoxe en día de utilidade algunha, porén a suposta sobrefinanciación séguese a
negar a pesar das evidencias). Delegouse a responsabilidade da decisión na
dirección do Cesga e excusouse a indefinición polo periodo de ambigüidades
que se deu no cambio de goberno. Fíxose resaltar que a Consellaría podería,
dende un principio, ter financiado fortemente e por vía empresarial unha
distribución galega, unha localización completa, e todos os servicios
relacionados cousa que evidentemente non se quixo facer. Quedou claro que non
se van a contratar máis este tipo de servicios (pero non se falou de
subvencións ás empresas, que imaxino estarán dentro das espectativas)
Aquí si teño que discrepar, xa que eu non fixen ningunha delegación de
responsabilidades no CESGA, aínda que me incorporei a consellaría
posteriormente asumo persoalmente a totalidade dos traballos que vimos
realizando moi satisfactoriamente entre a Consellaría e o CESGA no eido
do software libre, - tanto antes como actualmente - tan só comentei que
o concurso público foi anterior á miña incorporación á Xunta e polo
tanto descoñecía algúns detalles.
En canto as novas localizacións non fún tan taxante como comentas, non
teño tanta autoridade, aínda que indiquei claramente que buscariamos na
maioría dos traballos de localización a colaboración directa da
comunidade do software libre e equipas de traducción voluntaria, e tamén
que buscariamos nos traballos de novas aplicacións algunha involucración
da comunidade de software libre, aínda que tal vez aquí sexa máis
díficil nalgunhas ocasións. Entendendo como valor no só o producto se
non tamén o proceso.
- Que entre os proxectos de futuro existe vontade de elaborar unha
distribución propia (se cadra varias, por exemplo para a administración, para
a educación, para a xestión económica ... todas con posibeis usos
institucionais) pero que se van deixar de lado os exclusivismos. Forneceranse
recursos na rede mediante a creación dunha "forxa" para todos os grupos que
participen na elaboración de distribucións, na tradución, no desenvolvemento
de aplicacións, na elaboración de conferencias, coloquios ou seminarios, e,
en xeral, nas asociacións actuais.
- Existe disposición de colaborar connosco para acadar a localización
completa: atenderanse dentro do posíbel as nósas peticións (axuda técnica,
elaboración de plugins, organización de seminarios de tradución, servidores,
a futura forxa, un servicio ou persoa para revisión lingüistica para os
tradutores ...). Precisamente resaltouse a necesidade de facilitar a
tradución con seminarios explicativos e a elaboración de material didáctico
para tradutores non expertos en informática ou software libre (expúxoselles o
de captar novos tradutores como medida estrictamente necesaria para levar a
bó termo a localización completa). Descoñecíase o glosario e a guía de estilo
de Trasno, (así como os manuais, que habería que anovalos). Díxose que habían
pór máis atención ás mencións aos autores ou ás asociacións na páxina de
mancomun.
- Había unha predisposición dos técnicos do proxecto a usar Rosseta como
ferramenta de utilidade para a localización (é dicir, e isto é cousa miña,
había pretensión de facer paralelamente as localizacións, desvinculándose
posíbelmente dos proxectos oficiais de tradución: KDE, Gnome, Mozilla,
OpenOffice ... e, dedúcese polo tanto, unha preferencia por Ubuntu no caso de
elaborar unha distribución galega; descoñecíanse os puntos malos de Rosseta).
M.Villarino suxeriu no seu lugar Pootle (http://pootle.wordforge.org/), se un
día se vai usar interface web para tradutores ocasionais (aínda que
preferentemente se debera usar un sistema operativo completo). Urxiuse a
elaboración dun dicionario-corrector completo e agárdase a que se implemente
maioritariamente o Hunspell.
Aquí completo, creo compatibles varias alternativas simultaneas e
pedireille aos compañeiros co CESGA que estudien as diferentes
posibilidades que apuntachedes na reunión, por certo algúns dos
descoñecementos que comentas erán exclusivamente meus, non dos técnicos
que me dan cen voltas.
- Para rematar, creo que quedaron en que van abrir un foro reducido para a
intercomunicación directa entre Trasno, Galego21. Ciberirmandades e os
técnicos do proxecto, en Mancomun.org. Agora mesmo non lembro se tiña outra
finalidade que elevar as propostas que saian nas listas de correo
particulares.
Aquí tamén completo, a proposta pode concretarse nunha lista sobre
"ferramentas e estratexías de traducción ao galego", na que participen
todos os interesados en aportar algo sobre este tema, por suposto os que
citas tí, pero tamén calquera outra persoa ou grupo que queira aportar
algo. Tamén lle comento aos compañeiros do Cesga si poden abrila para
posteriormente darlle difusión entre os distintos grupos.
Alguén podería engadir e/ou corrixir todo o que falta ou está mal?
Unha aperta e seguimos en contacto. Por certo ter en conta que estarei
forá até o 15 de Agosto.
Boas Vacacións a todos e todas, Antonio.
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno