> > Non creo ter mencionado que os LUGs tiverán tentado realizar traballos > mediante contratación cando indiquei que non me parecía adecuado que en > xeral a relación da administración co movemento asociativo forá mediante > contratación directa de servizos, que para iso estaban as empresas. Que > creía posible unha relación da administración co movemento asociativo, > pero mediante estratéxias colaboración que implicarán o fortalecemento > do mesmo como movemento, non mudandolo a movemento empresarial. >
Síntoo, deume a impresión de que algunhas das propostas que faciades á comunidade de voluntarios (sexan ou non LUGs, pero serían os principais interlocutores) viña acompañada de esixencias deles de tipo económico. Evidentemente, non me parece axeitado isto e fun o que tratei de dar a entender (que a vós tampouco vos pareceu axeitado en ningún caso). Mais agora que engades información, non entendo por que si che parece axeitado facer a contratación directa de servizos ás empresas (que en realidade é indirecta neste caso, si é directa se o facedes con persoal propio). Xa sei que dende o punto de vista da vosa administración, vén a depositar unha confianza (ironía) no sector privado para que nun futuro teña capital e polo tanto maniobrabilidade para levar a cabo un maior porcentaxe de desenvolvemento tecnolóxico para o ben de todos (por suposto, como ocorre dende sempre cando as empresas fan as cousas ad libitum, todo repercuta no interese xeral da comunidade de usuarios e desenvolvedores; ás empresas non lles podo esixir nin agora nin no futuro garantías e responsabilidade social, ao goberno si, polo de agora) _______________________________________________ Trasno mailing list [email protected] http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

