Semella que é o que está de moda, traducir o Firefox 1.5 ao galego.

 En http://jacobo.tarrio.org/Traduci%C3%B3n_de_Mozilla está a "beta 1" da
miña tradución non oficial do Firefox 1.5 ao galego. É un ficheiro XPI
instalable normal e corrente. Para o instalar, descargádeo e logo File ->
Open file... Despois tedes que reiniciar o Firefox, e para que empregue a
tradución galega tedes que o iniciar coa opción "-uilocale gl-ES".

 O de que poña "beta 1" non é porque isto da Web 2.0 estea de moda, senón
porque quero que a xente o mire e, tanto se descobre problemas coma se non,
mo indique así.

 E, a continuación, a FAQ da traducción de Firefox 1.5 de Jacobo Tarrío:

P: ¿Que normativa empregas?
R: A que emprego nesta mensaxe.

P: ¿Que clase de normativa é esa?
R: A que non me dá ganas de me sacar o corazón do peito coa axuda dun garfo
de gallos tortos.

P: ¿Non hai dous grupos xa a traballar nas traducións?
R: Depende do que entendas por "haber", por "grupo" e por "traballar". Seica
hai, pero un está a agardar non se sabe moi ben por que (se por outro grupo
ou por Mozilla) e o outro anda con problemas de personalidade.

P: ¿Por que a tradución de Jacobo Tarrío non é oficial?
R: Porque facela oficial obrigaríame a me someter á burocracia e aos
procedementos e aos caprichos de Mozilla, e iso xa foi un dos motivos polo
que no 2004 deixei de traducir Mozilla, así que non ía ceder dous anos
despois sen que houbera ningún cambio.

P: ¡Minifundios! ¡Cada un polo seu lado! ¡Hai que colaborar máis!
R: Traballa un pouco nisto e xa me dirás.

-- 
   Jacobo Tarrío     |     http://jacobo.tarrio.org/
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a