Ola,
vas traducilo Thunderbird de maneira oficial?
Pregunto non porque me interese moito a min participar (todos sabemos
que son moi pouco participativo) senón porque hai algunha xente
interesada en que as traducións de Mozilla teñan un bo nivel e estean
dispoñibles para todo o mundo, e están dispostas a meterlle o dente
xa, non queren esperar sequera a que se confirme se os outros grupos
están mortos ou se diga que foi deles.
Pero o problema é que se pensaba que todo estaba morto, pero resulta
que ti tamén volviches a traducir, de maneira externa a Trasno (que
faga isto o coordinador de Trasno non me parece unha gran mostra de
apoio ó proxecto). Así que estamos agardando a ver se a cousa se
aclara un pouco e damos organizado un novo grupo unificado e no que
haxa alguén que se ofreza alguén a pelexarse cos de Mozilla.
Ata logo,
Leandro Regueiro
On 7/31/06, Jacobo Tarrio <[email protected]> wrote:
El lunes, 31 de julio de 2006 a las 11:27:13 +0200, Leandro Regueiro escribía:
> Ultimamente estase falando moito de unificar os grupos de tradución de
> Mozilla, pero normalmente só temos en conta a Firefox. Hai alguén
> traballando con Thunderbird?
Un dos meus obxectivos é tamén traballar con Thunderbird.
--
Jacobo Tarrío | http://jacobo.tarrio.org/
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno