Ola,
ata que a uses non paramos, secuestrador-roubador de ... ;-)

Unha cousa que me dixo Mariano Grueiro (coordinador do grupo de
tradución ó galego de Mozilla en Mozdev, mira que me estou fartando de
que haxa tantos grupos porque para citalos teño que nomear ata o
enésimo adxectivo para diferencialos) que ainda apareces ti (por
Jacobo Tarrío) coma coordinador oficial, e que para que outro poida
continuar co teu antigo traballo (moi loable e todo iso. NOTA MENTAL:
consultar se loable é correcto) vas ter que contactar un pouco (que
mal soa isto, menos mal que o escribin e ninguén o vai recitar en voz
alta) ca xente de Mozilla (que polo que ti dixeches, vai por Jacobo,
case non deberían recibir ese apelativo nin ningún outro que implique
certa humanidade pola súa parte). Resumindo: estamos aviados (creo que
aviados si que é correcto).

Pois logo montaremos un grupo que se aproveite do teu traballo (no mal
sentido da palabra) e que traballe en Trasno.

Ata logo,
                Leandro Regueiro

On 8/1/06, Jacobo Tarrio <jtar...@trasno.net> wrote:
El martes,  1 de agosto de 2006 a las 20:42:05 +0200, Leandro Regueiro escribía:

> Logo pola túa parte vai haber atrancos?

 Outro que tal baila.

 Facede o que queirades coa miña tradución. Non a fixen para a ter nunha
vitrina nun museu.

 O único que digo é que a mña tradución vouna seguir facendo eu só, e non
pretendo facela oficial porque non quero ter nada que ver cos de Mozilla.

 Agora, podedes collela vós e completala, ou modificala como queirades,
cambiarlle "fiestra" por "xanela" ou o que vos pete, e despois publicala
coma a vosa tradución baseada na miña. Incluso podedes ir aos de Mozilla e
dicirlles que queredes facela oficial e que eles vos comecen a facer
esixencias e sufrir (vós) as consecuencias se faceces algo que no lle goste
a algún capitoste de Mozilla (dígoo porque xa pasou con outras traducións).

 O único que vos pido é que me deixedes perder o tempo tranquilo e non me
empecedes a mandar emails acusándome de montar conspiracións para secuestrar
nonseiquecousas.

 ¿Vale xa así ou teño que empregar a palabra "carallo"?

--
   Jacobo Tarrío     |     http://jacobo.tarrio.org/
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a