> Argumentos a favor: > -Non é obrigado usá-lo. Entón de poñelo facer unha recomendación sobre un posíbel uso benintencionado (moi auxiliar)
> -Foi (e é) usado como ferramenta por algún dos membros. Tamén segue habendo asasinatos e non se pode recomendar asasinar... > -Se non se admite debido a que basea os resultados en traducións > auxiliares, tampouco debera usarse: > a) Os ficheiros po auxiliares en kbabel (para que están entón). Non sei o que é, de feito non uso todas as opcións de KBabel. Pero KBabel é un programa de tradución xeral. > b) Tampouco debera usar-se o Castelán como idioma auxiliar, unha > pesquisa dentro dos ficheiros das palabras "el" e "ejemplo", desvelarán > como diversos tradutores esqueceron esas palabras dentro do ficheiro > enviado como resultado "rigoroso". Haberá, e haberá moitos erros ortográficos e castelanismos, e anglicismos etc. Pero non podo esixir a ninguén que non traduza algo co método X se o resultado é bó a primeira vista. Mentres o resultado sexa bó a primeira vista (e nisto cúlpome de non poder revisar todo o que me mandan) non podo imperar a que se use o estilo de tradución meu ou de calquera outro que eu considere axeitado. Si podo, pola contra, non recomendar o uso de determinado método se na práctica sei que pode causar que certas traducións non sexan correctas (non falo de ninguén en concreto, pero vénseme á testa calquera tradutor recén chegado que se poña a transliterar do portugués e non revise polo miúdo todo o que fai). A fin de contas, estas cousas resolveríanse se houbese un exercicio de revisión completa das traducións, pero mentres non o haxa hai que chegar a un convenio e elexir os métodos que fornezan de primeiras unha mellor tradución. > > Aliás, foi definido algún sistema de votación para resolver estes casos? _______________________________________________ Trasno mailing list [email protected] http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

