Ola,
heina probar. Cando estea rematada pódese anunciar no taboleiro de
novas de Trasno, máis que nada por ilo enchendo.

De que glosario estás falando?

Coméntovos que estou avanzando pouco a pouco na tradución do Inkscape.
Creo que vai ser a tradución de mellor calidade que fixen nunca, pero
traballo me está costando. Se teño ganas tamén hei traducir a axuda,
que ven en forma de ficheiros .svg.

En pouco tempo hei mandar unha mensaxe á lista preguntando a tradución
dalgunhas palabras para poñernos de acordo en cal se debe usar e
despois heinas poñer no glosario da web de Trasno.

Ata logo,
            Leandro

On 8/7/06, Jacobo Tarrio <jtar...@trasno.net> wrote:
 Acabo de subir ao meu servidor a beta 3 da tradución ao galego de Mozilla
Firefox 1.5.

 E, preguntarédesvos, ¿que hai de novo nesa beta 3? ¿Non abonda xa de tanta
beta? ¿Por que non saca xa a definitiva?

 Pois porque esta é a miña primeira tradución dun producto de Mozilla que
inclúe axuda. Realmente, iso é o que fixen entre a beta 2 e a beta 3, así
que xa sabedes que tedes que probar.

 Tedes que controlar que non se me meteran fallas ortográficas (ou
horrográficas) ou frases mal redactadas ou cousas desas. Xa sei que as
palabras do glosario non están en orde (ou sexa, están en desorde), pero é
que polo sistema que uso teño que as ordenar á man despois de aplicar a
tradución, e... ben, que para cando sexa a de verdade han ir ordenadas.

 Para descargar a cousa ide a http://jacobo.tarrio.org/Tradución_de_Mozilla
e lede o que teño para dicir (pouca cousa, en realidade), ou descargade o
ficheiro de tradución directamente neste bonito URL:

 http://jacobo.tarrio.org/files/soft/mozilla/firefox-1.5_gl-ES.xpi

 Despois de descargado, abrídeo no Firefox (metede a ruta completa na barra
de enderezos ou usade "File->Open file", que é máis doado) e despois pechade
o Firefox e volvédeo abrir pero pasándolle a opción "-uilocale gl-ES".

 Quero aproveitar a ocasión para vos anunciar que os nados o 24 de marzo de
1979 imos cumprir 10.000 días o 9 de agosto. ¡Feliz cumpredías*! E tamén
para os que xa os cumpriron pero non se decataron: hai que estar máis
atentos a próxima vez.

--
   Jacobo Tarrío     |     http://jacobo.tarrio.org/


(*) O meu enderezo postal é doado de atopar.
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a