Ola de novo, vexo tantas veces o de "prema Opcións" en vez de "prema en Opcións" e cousas semellantes, que non sei se serei eu o que vaia ó revés. Confirmádeme se as dúas son correctas ou se unha o é a outra non. Seríame de moita axuda porque estou revisando a tradución da axuda e tres de cada catro cousas que atopo están relacionadas con isto. Moitas gracias por adiantado.
Ata logo, Leandro Regueiro On 8/8/06, Jacobo Tarrio <jtar...@trasno.net> wrote:
El martes, 8 de agosto de 2006 a las 14:55:40 +0200, Leandro Regueiro escribía: > Referencia dos menús -> Ferramentas -> Consola de JavaScript = en > "formularios dinamicamente" fáltalle o til a "dinamicamente" Leva en castelán, pero en galego non (considérase que a sílaba tónica é "men", polo que é palabra grave rematada en vogal, ou vocal, ou como as chamen este ano, e non se acentúa). -- Jacobo Tarrío | http://jacobo.tarrio.org/ _______________________________________________ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
_______________________________________________ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno