Ola,
moitas gracias polo ficheiro. Resolveume as dúbidas que tiña.

Estiven verificando a tradución da axuda, e ainda non cheguei á
metade, pero teño que deixalo que estou esfameado. Aquí van os erros
que atopei ou crin atopar. O comentario vai despois do signo =. O que
vai antes é o xeito de atopar o posible erro dende o panel lateral
"Contido".


Axuda para usuario de IE -> Características de Firefox -> Navegación
por lingüetas = pon "stio" en vez de "sitio"

Referencia dos menús -> Ficheiro -> Traballar desconectado =
"permítele ver" en vez de "permítelle ver"

Referencia dos menús -> Editar = no panel lateral "Contido" pon
"Buscar outra vez", pero na páxina que se ve á dereita pon "Buscar
seguinte"

Referencia dos menús -> Ver -> Barra lateral -> Marcapáxinas = no
texto vese "marcpáxinas visibles"

Referencia dos menús -> Ir = no panel lateral "Contido" pon
"Retroceder" e na páxina da dereita pon "Atrás"

Referencia dos menús -> Ir = no panel lateral "Contido" pon "Avanzar"
e na páxina da dereita pon "Adiante"

Referencia dos menús -> Ferramentas -> Consola de JavaScript = "Abrea
consola de" en vez de "Abre a consola de"

Referencia dos menús -> Ferramentas -> Consola de JavaScript = "que
india os problemas" en vez de "que indica os problemas"

Referencia dos menús -> Ferramentas -> Consola de JavaScript = en
"formularios dinamicamente" fáltalle o til a "dinamicamente"

Referencia dos menús -> Ferramentas -> Información da páxina = "ta
coma" en vez de "tal coma"

Referencia dos menús -> Axuda = no panel lateral "Contido" pon
"Contido da axuda" e na páxina da dereita pon "Índice da axuda"

Emprego da fiestra de axuda = eu uso "premer en" e non "premer a/o"


Ata logo,
             Leandro Regueiro

On 8/8/06, Jacobo Tarrio <jtar...@trasno.net> wrote:
El martes,  8 de agosto de 2006 a las 13:36:02 +0200, Leandro Regueiro escribía:

> .po. Poderíasme enviar o ficheiro .po. É que hai unhas cadeas en

 Está en http://darcs.tarrio.org/mozilla_gl-ES/firefox-1.5_gl.po

--
   Jacobo Tarrío     |     http://jacobo.tarrio.org/
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a