Ola de novo,
aquí tes algúns posibles erros máis. Ten en conta que me podo
equivocar; é máis, como podo facelo, fágoo a miúdo. Seguen o mesmo
esquema de antes. Creo que esta vez non se me colou ningunha de
premer:


Axuda para usuario de IE -> Características de Firefox -> Navegación
por lingüetas = deberia ser "Navegación con lingüetas"

Axuda para usuario de IE -> Características de Firefox -> Controis de
fiestras emerxentes = Isto parece un trabalinguas "Permítenlle
permitir ou impedir as fiestras emerxentes."

Referencia dos menús -> Ver -> Tamaño do texto -> Aumentar e Reducir =
"unha talla" ¿non había outro xeito de expresar isto?

Referencia dos menús -> Axuda -> Notas da versión = "Dá información"
ese da non debería estar sen til? Xa sei que teño que aprender a
escribir en galego de novo, pero é que pasaron tantos anos...

Emprego da fiestra de axuda -> Como buscar o tema que quere = "Prema a
icona do signo máis a carón de cada tema" poderíase dicir "Prema na
icona que está xunta ó tema"

Benvido á axuda de Mozilla Firefox = na páxina da dereita aparece coma
"Axuda de Mozilla Firefox" e non coma "Benvido á axuda de Mozilla
Firefox"

Emprego de Mozilla Firefox = hai unha sección na páxina da dereita que
se chama "Copiar, gravar e imprimir páxinas" que non aparece na barra
lateral "Contido". Acabo de ver que si está, pero o que aparece no
panel "Contido" non ten a mesma orde nin estructura que a páxina á que
se refiren as ligazóns da esquerda.

Emprego de Mozilla Firefox -> Navegar pola web = no panel lateral
"Contido" pon "Ir a outra páxina" e na páxina da dereita pon "Moverse
a outra páxina"

Emprego de Mozilla Firefox -> Navegar pola web -> Navegación con
lingüetas = Se premo en "Navegación con lingüetas" no panel lateral
"Contido" lévame a outra sección "Navegación con lingüetas" noutra
páxina. Supoño que isto non será culpa túa...

Emprego de Mozilla Firefox -> Navegar pola web -> Copiar, gravar e
imprimir páxinas -> = no panel lateral aparece "Gravar unha páxina" e
na páxina da dereita "Gravar toda ou parte dunha páxina"

Emprego de Mozilla Firefox -> Navegar pola web -> Copiar, gravar e
imprimir páxinas -> Gravar toda ou parte dunha páxina = no punto 2 da
lista en "Páxina web, completa:" aparece "tal como se vía", é correcto
o til de "vía"?

Emprego de Mozilla Firefox -> Navegar pola web -> Copiar, gravar e
imprimir páxinas -> Gravar toda ou parte dunha páxina = no punto 2 da
lista en "Ficheiro de texto" aparece "orixina" en vez de "orixinal"

Emprego de Mozilla Firefox -> Navegar pola web -> Copiar, gravar e
imprimir páxinas -> Gravar toda ou parte dunha páxina = na parte de
gravar marcos, no punto 4 da lista aparece "ubicación". Se mal non
recordo, dixéraseme na lista que iso non existía en galego.

Emprego de Mozilla Firefox -> Navegar pola web -> Copiar, gravar e
imprimir páxinas -> Emprego da previsualización da impresión = en
"Cambiar a escala (tamaño) das páxinas" aparece "desplegable" en vez
de "despregable" e algo máis abaixo aparece "percentaxe" e isto é un
barbarismo que aparece no glosario de Trasno

Emprego de Mozilla Firefox -> Navegar pola web -> Copiar, gravar e
imprimir páxinas -> Emprego da configuración da páxina = en "Marxes e
cabeceira/pé -> Cabeceiras e pés" aparece outra vez "desplegable"
varias veces

Emprego de Mozilla Firefox -> Aumentar a velocidade e a eficiencia ->
Xestión de diferentes tipos de ficheiros = en "Abrir con" volve
aparecer "desplegable"

Emprego de Mozilla Firefox -> Aumentar a velocidade e a eficiencia ->
Xestión de diferentes tipos de ficheiros = en "Gravar no disco" volve
aparecer "ubicación"

Emprego de Mozilla Firefox -> Aumentar a velocidade e a eficiencia =
no panel da dereita aparece "Converter no navegador por defecto" e na
esquerda aparece "Facer Firefox o seu navegador por defecto". Ademais
creo que neste contexto sería máis axeitado o uso de "predeterminado"

Emprego de Mozilla Firefox -> Aumentar a velocidade e a eficiencia =
no panel da dereita aparece "Opcións da caché" e na esquerda aparece
"Cambio da configuración da caché"

Emprego do xestor de descargas -> ¿Que se pode facer co xestor de
descargas? = en "Volver tentar unha descarga" aparece "descarga
fallida", existe "fallida"?

Emprego do xestor de descargas -> Opcións do xestor de descargas = a
ligazón "páxina de opcións" non me vai a ningures...

Personalización -> ¿Como se personalizan as barras de ferramentas? ->
Reorganizar os elementos das barras de ferramentas = no segundo
parágrado aparece "elementos arranxados" e supoño que debería dicir
"ordenados"

Navegación con lingüetas = penso que "Personalizar a navegación por
lingüetas" quedaría mellor coma "Personalizar a navegación con
lingüetas"

Navegación con lingüetas -> Consellos e trucos = en vez de "xogo"
poderíase usar "conxunto"

Xestión das cookies -> ¿Que é unha cookie? = no terceiro parágrafo
aparece "uun sitio" en vez de "un sitio". Tamén aparece "dá", eu cría
que as monosilabas non levaban til... No cuarto parágrafo aparece
"estabrecer". Creo que é un caso de hipergaleguismo

Xestión das cookies -> Tódalas configuracións = "afectan a maneira no
que Firefox"


Ata logo,
                Leandro Regueiro

On 8/8/06, Jacobo Tarrio <jtar...@trasno.net> wrote:
El martes,  8 de agosto de 2006 a las 20:25:17 +0200, Leandro Regueiro escribía:

> menudo lio. Para min non hai diferencia. Se o vas poñer así, creo que
> a parte dos premer vaiche tocar revisala a ti ;-)

 Non te preocupes :)

> Outra cousa, vaste poñer a traducir a versión 2 de Firefox en canto
> saia? Nos xa estamos en proceso de conseguir a aprobación dos de

 Se cadra non inmediatamente despois, pero facela é a miña intención.

--
   Jacobo Tarrío     |     http://jacobo.tarrio.org/
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a