Pois xa está instalada!!

Grazas Jacobo!!


Jacobo Tarrio escribió:
 Acabo de subir ao meu servidor a beta 3 da tradución ao galego de Mozilla
Firefox 1.5.

 E, preguntarédesvos, ¿que hai de novo nesa beta 3? ¿Non abonda xa de tanta
beta? ¿Por que non saca xa a definitiva?

 Pois porque esta é a miña primeira tradución dun producto de Mozilla que
inclúe axuda. Realmente, iso é o que fixen entre a beta 2 e a beta 3, así
que xa sabedes que tedes que probar.

 Tedes que controlar que non se me meteran fallas ortográficas (ou
horrográficas) ou frases mal redactadas ou cousas desas. Xa sei que as
palabras do glosario non están en orde (ou sexa, están en desorde), pero é
que polo sistema que uso teño que as ordenar á man despois de aplicar a
tradución, e... ben, que para cando sexa a de verdade han ir ordenadas.

 Para descargar a cousa ide a http://jacobo.tarrio.org/Tradución_de_Mozilla
e lede o que teño para dicir (pouca cousa, en realidade), ou descargade o
ficheiro de tradución directamente neste bonito URL:

 http://jacobo.tarrio.org/files/soft/mozilla/firefox-1.5_gl-ES.xpi

 Despois de descargado, abrídeo no Firefox (metede a ruta completa na barra
de enderezos ou usade "File->Open file", que é máis doado) e despois pechade
o Firefox e volvédeo abrir pero pasándolle a opción "-uilocale gl-ES".

 Quero aproveitar a ocasión para vos anunciar que os nados o 24 de marzo de
1979 imos cumprir 10.000 días o 9 de agosto. ¡Feliz cumpredías*! E tamén
para os que xa os cumpriron pero non se decataron: hai que estar máis
atentos a próxima vez.

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a