El martes,  8 de agosto de 2006 a las 23:56:49 +0200, Leandro Regueiro escribía:

> Referencia dos menús -> Axuda -> Notas da versión = "Dá información"
> ese da non debería estar sen til? Xa sei que teño que aprender a

 Non, é til diacrítico, para distinguilo da contracción "da" (de+a).

> Benvido á axuda de Mozilla Firefox = na páxina da dereita aparece coma
> "Axuda de Mozilla Firefox" e non coma "Benvido á axuda de Mozilla
> Firefox"

 É así xa no orixinal. A barra da esquerda vai separada do contido da
dereita, e semella que non están sincronizadas en inglés :)

> lista en "Páxina web, completa:" aparece "tal como se vía", é correcto
> o til de "vía"?

 Si, para indicar que aí non hai un ditongo.

> de "despregable" e algo máis abaixo aparece "percentaxe" e isto é un
> barbarismo que aparece no glosario de Trasno

 Foi unha errata. Xa ves, as teclas están unha ao lado da outra... :D

 (Non, en serio foi un dedo trabucado).

> fallida", existe "fallida"?

 Se non existe, debía existir.

> Navegación con lingüetas -> Consellos e trucos = en vez de "xogo"
> poderíase usar "conxunto"

 A-depende. Un xogo é un conxunto de cousas coas mesmas características
básicas, así que se pode falar dun xogo de lingüetas. Nembargantes, revisei
as aparicións de "xogo" para ver se había algún caso no que había ser mellor
"conxunto".

-- 
   Jacobo Tarrío     |     http://jacobo.tarrio.org/
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a