Home, non sei se hai mais xente que faga iso, pero o correcto é coller
o ficheiro .pot e traducir do inglés dende cero.

Para traducir, se tes problemas, usa un programa especifico, coma poEdit.

Procura responder á lista de correo. A ver se arranxan a configuración
da lista, para que por defecto as respostas se envien á lista e non ó
remitente da mensaxe.

Vou crear unha páxina para o icewm na web de Trasno. Como non é un
ambiente de escritorio heino poñer en outras aplicacións.

Ata logo,
               Leandro Regueiro

On 1/19/07, José Manuel Castroagudín Silva <chavescesu...@gmail.com> wrote:
Onte á noite remateino, pero non sei si haberá un problema. Non sei se sería
culpa da xterm, ou do vim, peroconvertéronse as vocais acentuadas en cousas
do tipo "<F3>",e así (creo recordar). Pódese solucionar cun par de :s/x/o
que sea, pero aína teño que revisar en qué codificación tño o sistema...

O .po... pois no tar.gzque baixei de icewm.org, había un diirectorio "po",
tal cual. Mirei dentro, e non había ningún gl.po, nin gz.po, nin nada (o
certo é que non sei cal debe ser a nomenclatura exacta para o galego, vou
pedir desculpas). Así que collín o de castelán, e editeino co vim...

En canto chegue á casa, revisareino, e se alguén quere que llo mande, que o
vaia pedindo. Agora teño que seguir currando, jejeje.


Saúdos!

2007/1/19, Leandro Regueiro < leandro.regue...@gmail.com>:
> É certo que non temos o iceWM na web de Trasno. Creo recordar que hai
> meses estivera buscando os .po en galego do icwm porque vira non sei
> onde que estaba traducido, e non fun quen de atopar nada.
>
> En canto teñas algo avisa, que lle poñemos seccion na web. Podesme ir
> pasando alguns datos, como onde estan os .pot e que hai que facer para
> traducilo, etc.
>
> Non imos esperar que consigas algo perfecto poorque ningun de nos o
> consigue. Asi que animo.
>
> Ata logo.
>
>
> On 1/19/07, mvillarino <mvillar...@gmail.com> wrote:
> > O Xoves, 18 de Xaneiro de 2007 23:05, José Manuel Castroagudín Silva
escribiu:
> > > Ola a todo o mundo!
> >
> > Olá,
> >
> > > Vale. Eso. Non prometo nada (vou bastante pillado de tempo... Agora
son un
> > > honrado traballador asalariado mal pagado),
> >
> > Home, como todos!!!!!, a ver se te cres que os mileuristas son un caso
> > excepcional; pero se a propria xunta está a pagar merda e media aos tres
> > chavales que colleron para instalar e manter a forxa (estimo que o
> > coordinador non cobre máis de 1100€ limpos mes, catorce pagas, e os
outros
> > dous uns 960€ limpos mes, catorce pagas)..... cun panorama así estou
mesmo a
> > pensar en porme internet na casa, que case son un privilexiado ;-)
> >
> > > Pero non me vou comprometer a nada, para non volver quedar mal outra
vez,
> > > jejeje...
> >
> > Que eu recorde, aquí nunca ninguén quedou mal, como para ires ser a
excepción.
> >
> > >
> > > O dito: un saúdo. E voume poñer co Icewm. Cando o teña listo, xa vos
> > > preguntarei a quen llo podo mandar por se o queredes revisar, e tal e
cual.
> > >
> > Taluegolucas
> > --
> > Best regards
> > MV
> > ><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º>
> > Public key available at www.keyserver.net
> > GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE
> >
> >
> >
>


Responderlle a