Supoño que todo o de embaixo o querias enviar á lista, Xabi. Noutro
caso, sintocho moito.
Ata logo,
Leandro Regueiro
On 1/19/07, "Xabi García" <[email protected]> wrote:
> Home, non sei se hai mais xente que faga iso, pero o correcto é coller
> o ficheiro .pot e traducir do inglés dende cero.
Sen esquecer que é unha directriz fundamental dos proxectos o traducir dende o
"template" ou plantel correspondente, en extensión *.pot e en inglés, facer
outra cousa é un mal traballo, anque por estranas razóns pode que coincidan nalgúns casos
;). Só vou a outras traducións moi de vez en cando porque non sei como se traduce certa
mensaxe críptica, e normalmente atopo tamén traducións de patacón.
O certo é que, se non lembro mal, o OpenOffice en galego está traducido
directamente collendo os ficheiros *.po, que non *.pot, da versión portuguesa.
Anque pode que só ollaran para as msgid e puxeran unha folla tapando as msgstr.
--
"Feel free" - 5 GB Mailbox, 50 FreeSMS/Monat ...
Jetzt GMX ProMail testen: http://www.gmx.net/de/go/promail