O Mércores, 28 de Febreiro de 2007 09:58, Leandro Regueiro escribiu:
> A min o de facer un dicionario en liña pareceme que levaria demasiado
> traballo. Ainda que algo hai que facer, poñerse en contacto ca Xunta a
> ver se fai algo, facerlles unha visita á sede da RAG, ou en ultimo
> caso, poñernos nos a elo. Para isto último igual seria boa idea
> poñerse en contacto con xente que estea disposta a dar o seu tempo.

Cando se fala de dicionario, a que nos referimos exactamente, a:
palabraGalego = listaDefiniciónsGalego,
 ou a
palabraIngles = listaEquivalentesGalego
?

En calquer caso, a ideia de usar un wiki é unha meio trampa: é moi simples 
acrescentar o corpus, pero é un coñazo de usar. Aliás, penso que existía un 
destes proxectos "wikipedia" que pretendia algo así, o Galizionario
(http://gl.wiktionary.org/wiki/Páxina_Principal)
Poñendo xa o egoísmo por diante, isto padece do mesmo defeito que ten un 
vocabulario ingles-galego de termos informáticos en formato pdf, que ten un 
URL que non logro lembrar, pero que foi informado na rolda de ferram_estrat 
en mancomun: é incomodísimo de usar desde dentro dun ordenador.

Persoalmente, caso de definir un dicionario, eu iría guardar as entradas nunha 
de dúas:
        ou nunha base de datos, ao estilo que que fai o proxecto de tradución 
de kde, 
ao galés que usan unha memoria de traducións baseada en mySQL, na que se pode 
pesquisar un vocábulo e aparecen as cadeas onde aparece,
        ou nun ficheiro/arquivo cun formato de dicionario, que pode ser un dos 
que 
manexada o ktranslator (http://ktranslator.sourceforge.net/dictionaries.html) 
ou directamente  no formato TermBase eXchange, tbx para os amigos 
(http://www.lisa.org/utils/getfile.html?id=8551478 isto é un gz contendo a 
definición do formato).

-- 
Best regards
MV
><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º>
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE

Attachment: pgpKDfGvX9k4b.pgp
Description: PGP signature

Responderlle a