En concreto, estoullo explicando á xente do BNG, que parece a máis
receptiva co tema. Non sei no PSOE se hai alguén traballando o tema,
pero debería, por que a fin de contas vai ser unha decisión política a
que consiga esa liberación.

Saúdos.

Daniel Muñiz Fontoira escrebeu:
> Isto parece moi, moi escandaloso, si.
> 
> > Non sei se o puxen
> > ao final no correo, pero acabo de enterarme que Política Lingüística
> > deixoulles gratis aos de Microsoft os recursos que sempre negaron á
> > comunidade de localización, bases de datos terminolóxicas, corpus,
> > diccionarios e demais. Se é certo paréceme que sería un escándalo, pero
> > o que estou tratando de conseguir é de convencer á peña política de que
> > ao facer iso, Política Lingüística adquiriu tamén a obriga de ceder esas
> > ferramentas para as empresas e grupos voluntarios de localización de
> > software, pensando en trasno, mancomún e demais peña.
> 
> 
> Remitente:
> Daniel Muñiz Fontoira
> Eu uso software libre [1]
> [1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html
> 
> 
> mvillarino escribiu:
> > Acabo de sorter un interesante intercambio de correos con Suso Baleato, o 
> > mesmo que moveu a criazón da lista de correo de Debian-gl. Adxunto un 
> > arquivo 
> > co intercambio de correos, tomado tal cual do meu cartafol de correo en 
> > KMail.
> > SUprimín o seu número de teléfono, así como un parágrafo do penúltimo 
> > correo, 
> > e parte do parágrafo onde se me pide "non-disclosure", e as repeticións das 
> > partes suprimidas, para manter na medida do posíbel a súa petición de 
> > discreción. 
> > 
> > Resumo de que vai a cousa: Teo (un dos profesores que fan Galinux, unha 
> > live 
> > baseada en slax), púxose en contacto para iso de dar as grazas polo de 
> > traducir, e nunha desas, comentou algunha cousa máis. (creo que o arquivo 
> > comeza aquí)
> > Nisto, por un erro ao ler, pensei que Baleato comezara un novo proxecto de 
> > tradución.
> > Resolta a confusión, cando pensaba eu que a conversa rematara, pois 
> > continuamos, principalmente co tema de por que me --nótese o pronome 
> > persoal-- parecía pouco correcta a actuación de mancomún e a xunta por 
> > extensión, e como me --nótese de novo o pronome persoal-- parece que 
> > debería 
> > terse levado a cousa, así como de distros, etc.
> > 
> > Non é que me crea todo o que dí, pero paréceme que má intención non ten.
> > 
> > No penúltimo correo, antes de darmos por rematada a conversa, quedamos un 
> > pouco en ter unha reunión un día destes, por suposto sen concretar nada.
> > 
> > Vai un café en Santiago?
> > 
> > [OT]: Mira tú en que me entreteño no canto de poñerme a traballar...
> > 
> 
> 
> -- 
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

Responderlle a