Em Segunda, 5 de Maio de 2008, o mvillarino escreveu: > Olá, > pois vale, teño a pelota no meu tellado.
Como se pode ver por esta enquisa non o vas facer mal de todo, ou dito doutro xeito, non foi mala escolla. > A ver, que me lío: > > 1.-Que é trasno? Um grupo de tradutores de SL ao galego, que se comunican mediante unha lista de correos, e unha wiki. > 2.-Que fai que defina a alguén como "trasnego" (membro de trasno)? Está subscrito a lista de correo, participa nela e traduce SL ao galego. > 3.-Como escolle en que colaborar? Eu traduzo o LyX, porque é o mellor procesador de textos do mundo mundial, e quero usá-lo en galego. Elaborei tamén alguns dicionários para correctores ortográficos, para poder usá-los. > 4.-De onde saca o tempo para colaborar? ?? > 5.-Que organización segue naquelo onde colabora? > 5'.-Como está organizado trasno? Pouco, mais chega. > 6.-Que partes da web de trasno lle resultan de utilidade? Reformulo a pergunta. Que partes da web teñen mais utilidade? Para min a maior utilidade da web é publicitar a existéncia do trasno, e como se pode facer para unir-se ao choio. > 7.-De que carece trasno? De xente. > 8.-Como se meteu nisto da tradución? Porque gosto de resultados. Estava farto das queixas, de que se non habia Güindows en galego, que se estamos discriminados, etc. O bon do software libre é que te dá a liberdade de facer ti mesmo as cousas, non tes que pedir permiso. > 9.-Como é que segue nisto? Con tranquilidade. > 10.-Como sería o seu "proxecto de proxectos" ideal? ?? > > Máis nada, vémonos o sábado, Chauzinho Ramon

