mvillarino escribiu:
Olá,
pois vale, teño a pelota no meu tellado. Ao parecer, teño que falar na
xuntaza/ida de pelota esa á que lle deron en chamar "g11n", e non, non
se refere a globalization.
Pois ben, para facer un papel minimamente digno preciso da vosa
colaboración, máis ben, da vosa información.
Así que sen máis, paso a enumerar unhas perguntas que se forades tan
amábeis de contestar, habían ser de grande utilidade. Eu tamén as
responderei (mañá, que teño que facer a cea), e prégovos que as
respostas vaias directamente á mensaxe nai, é dicer, que se responda a
esta mensaxe, non a respostas de respostas. Asimesmo, sería útil que
non vos influades polas respostas de outra xente. Finalmente, isto vai
para todos, antigos, modernos, activos, pasivos, ......
A ver, que me lío:

1.-Que é trasno?
2.-Que fai que defina a alguén como "trasnego" (membro de trasno)?
3.-Como escolle en que colaborar?
4.-De onde saca o tempo para colaborar?
5.-Que organización segue naquelo onde colabora?
5'.-Como está organizado trasno?
6.-Que partes da web de trasno lle resultan de utilidade?
7.-De que carece trasno?
8.-Como se meteu nisto da tradución?
9.-Como é que segue nisto?
10.-Como sería o seu "proxecto de proxectos" ideal?

Máis nada, vémonos o sábado,



1.-Que é trasno?
É un punto de encontro de voluntarios que traducen software ao galego.
As relacións son principalmente a traveso da súa listaxe de correo e a web neste caso unha wiki.

2.-Que fai que defina a alguén como "trasnego" (membro de trasno)?
Como non hai que cobrir ningún documento para pertencer, pois entre
outras cousas é un sentimento de pertenza xunto coa vinculación e
participación ven sexa na listaxe coma na edición e modificación de
contidos na web trasno.net

3.-Como escolle en que colaborar?
Hai liberdade, posto que hai moito que traducir e poucos dispostos a
elo. Eu traduzo software que uso, e dentro do que uso o que penso que
mellor (calidade) podo facer.

4.-De onde saca o tempo para colaborar?
Tempo persoal, de ocio, de sono... de onde podo.

5.-Que organización segue naquelo onde colabora?
Pois en función da importancia, por exemplo, na tradución de joomla
primeiro traduzo na portada, logo panel de control e logo instalación.
Unha vez traducido toca a revisión.
Ademais interveñen cuestións técnicas no caso de joomla! pois os
ficheiros non están en formato po polo que tiven que convertelos a po,
subilos ao entrans de ciberirmandade (neste momento, eu prefiro
traducir desde entorno
web), unha vez traducidos recoller os po e pasalos a .ini que é o seu
formato orixinal, finalmente facer un paquete.

5.-Como está organizado trasno?
Pois cada un anda bastante por libre, pero a listaxe de correo é o
centro de coordinación, cando alguén ten dubidas acode a ela, cando
quere comezar con algún paquete comunicao na listaxe.

6.-Que partes da web de trasno lle resultan de utilidade?
O glosario é o que mais uso por non dicir o único. Supoño que se
traducise gnome ou kde o consultaría máis.

7.-De que carece trasno?
De máis voluntarios, dunha web máis dinámica e con máis utilidade, aínda
que poida que isto non sexa preciso se houbese un lugar centralizado con
recursos para tradutores.

8.-Como se meteu nisto da tradución?
Non o lembro moi ben, foi grazas a que algún do software que instalei
daba a opción de traducilo. Logo unha vez que fun coñecendo mais o mundo
do software libre vin que había esta posibilidade. Inicialmente tratei
de colaborar na tradución do firefox, penso que esa foi unha das miñas
comeduras de coco iniciais, debido ao complicado que se me presentou a
cousa. Que si instalar mozilla translator que se por non sei que en tal sitio... instalar isto foime unha odisea cando eu so quería traducir.

9.-Como é que segue nisto?
Mentres vaia atopando tempo tratarei de traducir, polo menos o que uso
xa que este é o que, como xa comentei, máis capacitado me sito para
traducir.

10.-Como sería o seu "proxecto de proxectos" ideal?
Pois penso que tería que ser un lugar onde estivese todo centralizado,
onde calquera poida enviar un ficheiro para ser traducido, unha especie
de banco de ficheiro po, este banco tería a capacidade de que no momento
de que se sube un ficheiro procure facer a tradución automática en base
a traducións xa feitas. Tamén penso que debería poder incluír traducións
a outros idiomas pois ver como o traduciron outros as veces axuda (e
tamén pode empeorar aínda que penso que o balance é a favor de axudar).
Un bo dicionario de galego anovado é fundamental, tamén un dicionario
tradutor en
liña. Outra cousa que penso que é interesante é que se podería facer un
glosario vivo no que calquera puidese suxerir traducións sobre todo para
termos e frases que non teñen tradución exacta.
Este proxecto permitiría o traballo tanto desde web como en local. Penso
que sería interesante algo parecido ao sistema que se usa para controlar
versións, pero en lugar lugar de usar un sistema centralizado eu penso
que sería mellor un tipo distribuido.
Ten que ser simple para o que comeza, e debería liberalo de saber
informática avanzada polo menos inicialmente. Penso que isto ultimo
conseguese co sistema web, non hai mais que ver a roseta.
Polo que teño entendido o pootle é o que mellor pinta ten.

Finalmente pareceme que as ferramentas que hai para a
localización non están ao alcance de todos e que todo esta a día de hoxe moi fragmentado e desperdigado. Penso que o contacto con outros grupos de outros idiomas debería ser maior.

Responderlle a