As miñas proprias respostas: > 1.-Que é trasno? Trasno é un par temático formado por unha lista de correo e unha wiki. Este par está adicado a que persoas que voluntaria e non profisionalmente se adican á tradución de sóftware libre podan acudirse entre elas. > 2.-Que fai que defina a alguén como "trasnego" (membro de trasno)? Ser membro da lista e ter un mínimo de participación activa, sexa traducindo, resolvendo dúbidas, etc...
> 3.-Como escolle en que colaborar? Polo xeral, os voluntarios traducen aquelo que empregan. Eu non son unha excepción. > 4.-De onde saca o tempo para colaborar? É tempo libre, fora de horas de traballo/estudo/familia/amigos, etc. > 5.-Que organización segue naquelo onde colabora? Dentro de trasno, eu colaboro en kde. Aló escollo o que me peta dentro de aquelas partes nas que máis ou menos sei que non hai ninguén a traballar, e nada... a traducir. > 5'.-Como está organizado trasno? Non o sei. Para min que non existe organización. Definir a organización de trasno é algo así como definir a organización da guerrilla nas guerras napoleónicas, o que si teño claro é que o mandamais de trasno, é dicer, a persoa única con capacidade para acabar con trasno é Jacobo Tarrío. > 6.-Que partes da web de trasno lle resultan de utilidade? Emprego o glosario e a lista de recursos na web. > 7.-De que carece trasno? Para min, trasno carece de aquelo que carecen as ferramentas de tradución. Por exemplo, só hai un glosario, e este céntrase en termos informáticos. Hai outras áreas que merecerían un glosario: paises, linguas, divisas, música, imaxe e son... Outras cousas, como a guía de estilo, non están moi definidas. > 8.-Como se meteu nisto da tradución? Cando casei, quería levar mais ou menos as contas da casa. Daquela eu era usuario de gnome e gnucash, mais este non me satisfacía, así que probei o kmymoney. Durante un tempo empreguei ambos á vez, e acabei por darlle porta ao gnucash. Como o ordenador daquela estaba a quedar algo antigo e lento, tiven que alixeirar o sistema pasándome a kde (para non ter cargadas tantas bibliotecas e tal). Despois, como o kmymoney non estaba traducido, pois nada púxenme a iso, e depois non me daba gusto que houbese tantas parte do escritorio sen traducir como había. Daquela foi que me puxen niso. > 9.-Como é que segue nisto? Na actualidade, traducir axúdame a desconectar do traballo. É unha especie de hixiene mental. > 10.-Como sería o seu "proxecto de proxectos" ideal? Buf: ten que dar moita liberdade a cada tradutor (como agora), e evitar pasar todo o traballo através de coordinadores (un pouco máis descentralizado do que pode ser agora o flúxo de traballo da equipa de kde), ademais debe permitir ter varios glosarios, e mesmo varias guías de estilo: xeral, de equipo, mesmo de tradutor. Polo demais, nunca pensei moito niso: eu só traduzo.

