2008/5/20 damufo <dam...@gmail.com>:
>
>
> Leandro Regueiro escribiu:
>>
>> Ola, polo visto Jacobo sigue vivo e con ganas, e acaba de publicar
>> notas sobre a súa forma de traballo no seu blog
>>
>> http://raw-output.org/20080520/galician-debconf-template-translation-workflow
>>
>> Por outra parte acabo de ver en http://www.agnix.org/?q=node/1582 que
>> usan pestana para referirse a tab. Supoño que con isto volveremos
>> abrir o debate da terminoloxía, de por que nós escollemos tab=lingüeta
>> e por que en Mancomun usan tab=separador. Na miña opinión lingüeta é
>> mellor opción ca separador xa que eu uso separador para me referir a
>> outro "widget". Mentres non se estandarice unha tradución e a usemos
>> todos por todas partes, seguirán pasando cousas coma esta...
>
> Eu penso que outra boa tradución é aba
>
> Marce's guide
>>
>> Ás abas tamén se lles chama linguetas ou separadores. Á área asociada a
>> cada aba chámaselle páxina, lingueta ou separador. (Cfr. tab, no glosario).
>
> Marce podes engadir logo tamén pestana.

O que ten de bo aba é que ten tres letras, coma "tab", pero é mellor
coller unha tradución e usala sempre, porque senón a xente non se
entera. Pestana non vale. Iso xa quedara moi claro cando se discutiu o
tema hai xa tempo.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a