Leandro Regueiro escribiu:
Ola, polo visto Jacobo sigue vivo e con ganas, e acaba de publicar notas sobre a súa forma de traballo no seu blog http://raw-output.org/20080520/galician-debconf-template-translation-workflow Por outra parte acabo de ver en http://www.agnix.org/?q=node/1582 que usan pestana para referirse a tab. Supoño que con isto volveremos abrir o debate da terminoloxía, de por que nós escollemos tab=lingüeta e por que en Mancomun usan tab=separador. Na miña opinión lingüeta é mellor opción ca separador xa que eu uso separador para me referir a outro "widget". Mentres non se estandarice unha tradución e a usemos todos por todas partes, seguirán pasando cousas coma esta...
Eu penso que outra boa tradución é aba Marce's guide
Ás abas tamén se lles chama linguetas ou separadores. Á área asociada a cada aba chámaselle páxina, lingueta ou separador. (Cfr. tab, no glosario).
Marce podes engadir logo tamén pestana.

