Leandro Regueiro escribiu:
2008/5/20 damufo <dam...@gmail.com>:

Leandro Regueiro escribiu:
Ola, polo visto Jacobo sigue vivo e con ganas, e acaba de publicar
notas sobre a súa forma de traballo no seu blog

http://raw-output.org/20080520/galician-debconf-template-translation-workflow

Por outra parte acabo de ver en http://www.agnix.org/?q=node/1582 que
usan pestana para referirse a tab. Supoño que con isto volveremos
abrir o debate da terminoloxía, de por que nós escollemos tab=lingüeta
e por que en Mancomun usan tab=separador. Na miña opinión lingüeta é
mellor opción ca separador xa que eu uso separador para me referir a
outro "widget". Mentres non se estandarice unha tradución e a usemos
todos por todas partes, seguirán pasando cousas coma esta...
Eu penso que outra boa tradución é aba

Marce's guide
Ás abas tamén se lles chama linguetas ou separadores. Á área asociada a
cada aba chámaselle páxina, lingueta ou separador. (Cfr. tab, no glosario).
Marce podes engadir logo tamén pestana.

O que ten de bo aba é que ten tres letras, coma "tab", pero é mellor
coller unha tradución e usala sempre, porque senón a xente non se
entera. Pestana non vale. Iso xa quedara moi claro cando se discutiu o
tema hai xa tempo.

Por que non coller aba? xa que ten de bo que ten tres letras igual que tab. miña outra opción é lingüeta. Haberá que preguntarlle aos sabios que opinan, non?

Responderlle a