El día 27 de mayo de 2008 19:34, Miguel Branco <bandu...@gmail.com>
escribió:

>   > >> cal sería o problema para traducir feed por alimentación?
>
> É demasiado literal, no caso inglés é unha 'metáfora' que tampouco acae ben
> ó que expresa. 'Feed' refírese a unha tecnoloxía de distribución de contido
> web mediante un formato de sincronización coma o RSS ou o Atom (+-). Eu
> inclínome polas idea das 'fonte de novas...'.
>

Non lle vexo demasiado problema á metáfora. Quen pon en dúbida o termo fonte
de alimentación en electrónica, por exemplo?. E tampouco é o significado
máis recto de alimentación. De todos os xeitos si que pode ser que confunda
unha tradución tan literal.
|
~
|


> > >> E respecto de seed,
>
> > >> non se podería usar xerme, xermolo ou embrión (mesmo gromo,
> abrocho...)?
>
> aparte de que xerme ten connotación no campo da microbioloxía, lol; nas
> traduccións está bastante estendido o de 'semente'. No protocolo bittorent
> queda ben a tradución xq se refire primeiro á persoa que crea o ficheir o
> bittorrent que dá orixe a que outra xente descargado ese ficheiro acceda ós
> datos completos (Recollendo a 'semente' 'agroman' os datos) e logo á xente
> que ten todos os datos completos e os está a distribuír.
>
> Se semente se usa aquí non se debería usar para cuestións de sindicación
> (ie. para feed, IMHO)
>

Respecto de seed, se fose unha tradución ao castelán creo que o termo idóneo
sería brote no contexto que indicas (creo que seed vai ter varias acepcións
susceptibles de termos diferentes en galego). A única vez que traducín brote
do castelán para o galego (unha tradución comercial da interface e da axuda
dun sistema de xestión da epidemioloxía para unha empresa que tiña como
destanatario último o SERGAS) traducino sitematicamente como xermolo, pero
comparto que neste ámbito non lle acae moi ben. Hai tamén un termo, cepa,
que se cadra podería valer (nunca en microbioloxía, pois unha cepa e un
xermolo son cousas ben diferentes).
Con semente, en moitos contextos, a metáfora parece un pouco revirada.


>  > > Son máis opcións. Parceiro foi a tradución proposta por Marce para
>
> > > peer e que eu uso a miúdo, ainda que non se ve moi a miúdo unha cadea
>
> > > na que apareza peer.
>
> Parceiro paréceme moi acertada. Lit:
>
> 1 s DER Persoa que leva unha terra en contrato de parzarí­a.
>
> 2 s Persoa coa que se comparten propiedades, negocios, intereses ou
> divertimentos.
>
> No protocolo bittorrent, son os usuarios que reciben os datos que están
> sendo compartidos polas sementes (seed/peer). Así que sendo unha 'unión' de
> usuarios por motivos interesados o termo paréceme axustado.
>

Parceiro paréceme moi pouco acertada. Se non estamos a falar de dereito
civil de Galicia (o único que remata no TSXG e que presta especial atención
ao costume), paréceme completamente opaca (cando menos eu non coñezo ningún
uso vivo do termo) para un falante medio e supoño que estaremos de acordo en
que queremos software en galego, pero queremos entender o que lemos.
Creo que hai solucións máis fáciles:
http://forum.wordreference.com/showthread.php?t=22806

Propoño non sacralizar o digalego (nin calquera outra cousa). Publicouse,
daquela en papel con tapas lila, durante a produción da Enciclopedia Galega
Universal, aproveitando o traballo de lexicografía da enciclopedia e
debérono publicar agora con axudas públicas. Eu participei nesa redacción. O
tipo de traballo que recolle é lexicográfico (coma case todos os dicionarios
xenéricos), non terminolóxico. A adecuación ao uso, a precisión, non a vai
poder garantir unha definición que trata de abranguer na mesma definición un
variopinto espectro de posibilidades de denotación. Isto é, que apareza unha
definición en tal obra, non comporta necesariamente que se adecúe ao
contexto ou ao uso.

Responderlle a