Miguel Solla escribiu:
El día 27 de mayo de 2008 19:34, Miguel Branco <[email protected]
<mailto:[email protected]>> escribió:
> >> cal sería o problema para traducir feed por alimentación?
É demasiado literal, no caso inglés é unha 'metáfora' que tampouco
acae ben ó que expresa. 'Feed' refírese a unha tecnoloxía de
distribución de contido web mediante un formato de sincronización
coma o RSS ou o Atom (+-). Eu inclínome polas idea das 'fonte de
novas...'.
Non lle vexo demasiado problema á metáfora. Quen pon en dúbida o termo
fonte de alimentación en electrónica, por exemplo?. E tampouco é o
significado máis recto de alimentación. De todos os xeitos si que pode
ser que confunda unha tradución tan literal.
|
~
|
> >> E respecto de seed,
> >> non se podería usar xerme, xermolo ou embrión (mesmo gromo,
abrocho...)?
aparte de que xerme ten connotación no campo da microbioloxía, lol;
nas traduccións está bastante estendido o de 'semente'. No protocolo
bittorent queda ben a tradución xq se refire primeiro á persoa que
crea o ficheir o bittorrent que dá orixe a que outra xente
descargado ese ficheiro acceda ós datos completos (Recollendo a
'semente' 'agroman' os datos) e logo á xente que ten todos os datos
completos e os está a distribuír.
Se semente se usa aquí non se debería usar para cuestións de
sindicación (ie. para feed, IMHO)
Respecto de seed, se fose unha tradución ao castelán creo que o termo
idóneo sería brote no contexto que indicas (creo que seed vai ter varias
acepcións susceptibles de termos diferentes en galego). A única vez que
traducín brote do castelán para o galego (unha tradución comercial da
interface e da axuda dun sistema de xestión da epidemioloxía para unha
empresa que tiña como destanatario último o SERGAS) traducino
sitematicamente como xermolo, pero comparto que neste ámbito non lle
acae moi ben. Hai tamén un termo, cepa, que se cadra podería valer
(nunca en microbioloxía, pois unha cepa e un xermolo son cousas ben
diferentes).
Con semente, en moitos contextos, a metáfora parece un pouco revirada.
> > Son máis opcións. Parceiro foi a tradución proposta por Marce para
> > peer e que eu uso a miúdo, ainda que non se ve moi a miúdo unha
cadea
> > na que apareza peer.
Parceiro paréceme moi acertada. Lit:
1 s DER Persoa que leva unha terra en contrato de parzaría.
2 s Persoa coa que se comparten propiedades, negocios, intereses ou
divertimentos.
No protocolo bittorrent, son os usuarios que reciben os datos que
están sendo compartidos polas sementes (seed/peer). Así que sendo
unha 'unión' de usuarios por motivos interesados o termo paréceme
axustado.
Parceiro paréceme moi pouco acertada. Se non estamos a falar de dereito
civil de Galicia (o único que remata no TSXG e que presta especial
atención ao costume), paréceme completamente opaca (cando menos eu non
coñezo ningún uso vivo do termo) para un falante medio e supoño que
estaremos de acordo en que queremos software en galego, pero queremos
entender o que lemos.
O dicionario existe!, por esa regra de tres ao final o teremos "O galego
con 1000 palabras". Se unha palabra se adecúa en significado penso que
ha de usarse e o que non a saiba apréndea, ou non estamos todos os días
a aprender palabras novas, sobre todo doutras linguas? e non pasa nada.
Creo que hai solucións máis fáciles:
http://forum.wordreference.com/showthread.php?t=22806
Propoño non sacralizar o digalego (nin calquera outra cousa).
Se os da RAG traballasen a prol do galego outro galo cantaría... de
momento é o mellor que hai na rede nesta normativa, polo menos que eu
coñeza.
Publicouse, daquela en papel con tapas lila, durante a produción da
Enciclopedia Galega Universal, aproveitando o traballo de lexicografía
da enciclopedia e debérono publicar agora con axudas públicas. Eu
participei nesa redacción. O tipo de traballo que recolle é
lexicográfico (coma case todos os dicionarios xenéricos), non
terminolóxico. A adecuación ao uso, a precisión, non a vai poder
garantir unha definición que trata de abranguer na mesma definición un
variopinto espectro de posibilidades de denotación. Isto é, que apareza
unha definición en tal obra, non comporta necesariamente que se adecúe
ao contexto ou ao uso.