Ola, como sabedes xa temos paquete en galego para probar o firefox 3 en galego. Apreciei que usa separador para as diferentes fiestras que se poden abrir, o caso é que me gustaría proporlle que muden separador por outra pois, tal como comentou Leandro en máis dunha ocasión, da lugar a confusión posi separador é por exemplo a liña vertical que aparece ao despregar os marcadores e que permite establecer máis ou menos largura. Claro para comentarlle que se podería mudar gustaríame que desde trasno lle propuxésemos unha alternativa, isto témolo moi falado e aínda non chegamos a consenso.
Neste caso penso que precisamente se foi escoller a menos indicada.
Que tal se propoñemos lingüeta que é a opción recomendada no glosario de trasno? Neste caso penso que o importante é que non cree confusión, despois entre as outras opcións xa é cuestión de gusto.
Saúdos

Responderlle a