El viernes, 20 de junio de 2008 a las 00:32:35 +0200, Xosé escribía:
> Outra palabra de difícil tradución. Aparece en textos como "MIME Compliant",
> que quere dicer que respeita as normas establecidas para MIME. Atópoo
> traducido como "compracente con", que non ten o mesmo sentido ("permite que
> faga o que lle dea a gana a MIME"!).
> Ideas?
"Cumpre o estándar MIME". Non, non é un adxectivo. Iso significa que en
cada case se vai ter que traducir dun xeito distinto. Pero iso non é malo;
traducir tampouco é limitarse a substituír as palabras en inglés por
palabras en galego. Por iso non me gosta nada que haxa tanta xente nesta
lista con tantas ganas de ter "a" tradución correcta e definitiva para cada
palabra.
--
Jacobo Tarrío | http://jacobo.tarrio.org/