2008/6/20 Jacobo Tarrio <[email protected]>:
> El viernes, 20 de junio de 2008 a las 00:32:35 +0200, Xosé escribía:
>
>> Outra palabra de difícil tradución. Aparece en textos como "MIME Compliant",
>> que quere dicer que respeita as normas establecidas para MIME. Atópoo
>> traducido como "compracente con", que non ten o mesmo sentido ("permite que
>> faga o que lle dea a gana a MIME"!).
>> Ideas?
>
> "Cumpre o estándar MIME". Non, non é un adxectivo. Iso significa que en
> cada case se vai ter que traducir dun xeito distinto. Pero iso non é malo;
> traducir tampouco é limitarse a substituír as palabras en inglés por
> palabras en galego. Por iso non me gosta nada que haxa tanta xente nesta
> lista con tantas ganas de ter "a" tradución correcta e definitiva para cada
> palabra.
Pero se se pode facer e se usa unha tradución correcta para
estandarizar e se pon nun lugar visible pódense evitar barbaridades
nas traducións. Pero non todo se pode traducir directamente.
Como di José Manuel igual acorde é unha posibilidade. En todo caso a
solución de Jacobo é perfectamente válida.
Ata logo,
Leandro Regueiro