O Venres 27 Xuño 2008 19:28, Xosé escribiu: > No glosario de trasno recomenda-se: > > add-on > 1. n.f. extensión > 2. n.m. complemento > plugin > 1. n.m. plugin (recomendado) > 2. n.m. extensión > Traducir só cando non haxa posibilidade de confusión > > Existe, ademais "extension" que, como non aparece no glosario, asúmese que > se ha de traducir por "extensión". > > Polo tanto, para evitar confusións, conviría retirar "extensión" como > suxestión de tradución para "add-on". > > A min en particular apeteceria-me traducir "plugin", aínda que se recomende > non o facer. Neste caso proporía, por exemplo, "engadido". > > Opinións? Add-on estase a traducir nos produtos de Mozilla por "complemento", se non me equivodo. Plugin eu tradúzoo sempre, como extensión. As veces que aparece extension son moi escasas, polo menos que eu a atopase.
-- Best regards, MV

