O Ven, 27-06-2008 ás 12:35 +0200, Leandro Regueiro escribiu:
> 2008/6/27 Adrián Chaves <adriyeticha...@gmail.com>:
> > O Ven, 27-06-2008 ás 11:48 +0200, Leandro Regueiro escribiu:
> >> 2008/6/26 Adrián Chaves <adriyeticha...@gmail.com>:
> >> > Por certo, tendo en conta a forma de usar os adxectivos do inglés e máis
> >> > os nomes utilizados para as cartas Magic (que para o caso parécenme unha
> >> > boa referencia), creo que o tipo de criatura vai mellor, xeralmente,
> >> > atrás de todo, facendo de adxectivo.
> >> >
> >> > Eu prefiro Guerreiro elfo que Elfo guerreiro, por exemplo.
> >> >
> >> > Saúdos!
> >> >                Adrián Chaves
> >>
> >> Ola Adrián.
> >> Por unha cuestión práctica vai ser mellor poñer primeiro a raza e
> >> despois o resto. Na axuda do Wesnoth as unidades ordénanse
> >> alfabéticamente, e deste xeito aparecerian tódalas unidades da mesma
> >> raza todas xuntas. O malo é que creo que non se poden traducir tódalas
> >> unidades deste xeito...
> >>
> >> Ata logo,
> >>                  Leandro Regueiro
> >
> > O caso é que mesmo en inglés hai unidades que non levan a raza diante,
> > coma o Vampire Bat ou o Armageddon Drake. Por iso pensei que a
> > tradución debería ser ao revés.
> >
> > Un saúdo,
> >                Adrián Chaves
> 
> Home, isto sempre é discutible. Estamos a tempo de cambialo. Non sei
> se na última versión corrixiron isto e agora aparecen as unidades
> agrupadas por razas. Isto é o malo de usar ubuntu, sempre con software
> desactualizado.
> 
> Ata logo,
>                    Leandro Regueiro

Aí tes toda a razón. Eu sempre acabo meténdolle repositorios externos
para ter algunha aplicación que outra ao día, e son máis os problemas
que creo que os que resolvo.

DEica,
                Adrián Chaves

Responderlle a