Ghústache abri-la caixa de Pandora, :)
Home, se por ser estritos:
bitácora s.f. Especie de armario ou caixa que os buques levan fixo á
cuberta e inmediato ó temón, onde se garda o compás e outros obxectos,
cerrado cunha ventá de cristal para o protexer da auga, po, etc. Na
bitácora gardábase antigamente o diario de navegación. s Caderno
de
bitácora. Libro no que cada oficial de a bordo, ó face-la garda,
vai
anotando os datos ou feitos máis relevantes ocorridos durante a
navegación, como as observacións meteorolóxicas,
velocidade da marcha, manobras, etc., que serve como borrador do diario de
navegación.
...que podería casar coa tradución de 'blog'. Vale. Agora, sendo 'blog' unha
palabra tan popularizada, é necesario traducila?. Eu creo que o galego pode
importar anglicismos sen risco ningún. Explícome, alguén proporía unha
tradución para 'pub'?. Non porque xa adquiriu unha dimensión social de peso
e xa a propia lingua a moldeará a feitura da súas necesidades (ie. dicimos
[pAf] ). Pois isto para min é igual.
A todas luces 'blogue' pareceme incorrecto.
On Wednesday 02 July 2008 18:17:51 Xosé wrote:
> Máis para o lume:
>
> Estou revisando traducións e atopo "blog", "blogue" e "bitácora".
>
> Preparados para outra disusión ;-) ?
>
> [Nota para comezar: "bitácora" (estritamente, "caderno de bitácora") foi
> unha tentativa de tradución que non callou.]
>
> Xosé