[email protected] escribiu:
Escrebín sobre o asunto non fai moito
http://www.anosaterra.org/nova/proba-e-sinal-de-enrolamento.html
bitácora é un castelanismo. eu optaría por bitácula en plan estrito, e
se imos en plan popular blogue que é o que extenderon os blogueiros da
segunda xeración pola rede.
saúdos,
Javier Pico escrebeu:
On Wed, Jul 2, 2008 at 6:17 PM, Xosé <[email protected]> wrote:
Máis para o lume:
Estou revisando traducións e atopo "blog", "blogue" e "bitácora".
Preparados para outra disusión ;-) ?
[Nota para comezar: "bitácora" (estritamente, "caderno de bitácora") foi
unha
tentativa de tradución que non callou.]
Xosé
Habitualmente uso "bitácora" pois penso que é, das alternativas
anteriormente expostas, a única que é unha palabra real :D.
Blog ven a ser a contracción de Web Log, polo tanto un neoloxisto, tanto na
lingua inglesa, como na castelá ou como na galega.
Eu non creo que blog non se debería traducir por blogue, anque sigo
preferindo "bitácora".
Eu en principio se a palabra orixinal no se adapta ao galego opto por
traducila ou adaptala. A min blogue váleme tamén bitácula, aínda que
recoñezo que seria dificil de populariza mentres que blogue entra moito
máis doadamente.
Certo que hai palabras que entraron e entrarán pero non creo que sexa
algo positivo, xa que logo dificultan a aprendizaxe da propia lingua, e
fanna mais irregular. Para min que son un cabeza cadrada non é positivo
que sexa irregular pero isto é outra historia... ;-)
--
To unsubscribe, send mail to [email protected].