> > Na liña 249 (CREDIT_FOR_TRANSLATORS) puxen o seguinte: > > Tradución da documentación: Xosé Calvo - http://trasno.net/ > > (aparece como unha liña na páxina de recoñecementos). Se che parece > > podemos acordar un texto homoxéneo para colocar sempre - se tes ideas > > plantexa-o na lista, vale? > > Certamente, existe un texto estándar, e ademais poden definirse > entidades para non ter que escrebelo todo sempre (e por > &credit_xose_calvo; por exemplo) Hai dúas mensaxes destas: ROLES e CREDIT, a min Kbabel adicioname os seguintes textos automaticamente: ROLES_OF_TRANSLATORS <othercredit role=\"translator\"> <firstname></firstname><surname></surname> <affiliation><address><email></email></address></affiliation> <contrib></contrib> </othercredit> E poño como contidos: Marce, Villarino, un alcume do enderezo de correo e finalmente "Tradutor do proxecto Trasno"
CREDIT_FOR_TRANSLATORS <para>mvillarino <email>[email protected]</email></para> Tamén automático por kbabel. Facelo atallando: aquí é onde comeza o cristo de que veño falando. Caseque fago un relatorio: 1.- Se fozades por svn://anonsvn.kde.org/home/kde/branches/KDE/4.1/kdelibs/kdoctools veredes que ahí aparecen uns ficheiros que son empregados na xestión de ficheiros docbook por kde. Entre outras cousas veredes a meinproc, máis un cartafol chamado docbook onde están as follas de estilo, e a chicha: customization. 2.- En $LOLAILO/customization hai un cartafol por lingua. Cada cartafol contén en esencia definicións de entidades estandar (por exemplo as notas de licenza). É recomendábel darlle unha volta aos ficheiros dun idioma para familiarizarse co que é, pero en esencia: poden chegar a definirse entidades para estas cousas, i.e. &xose.calvo.role; como <othercredit role=\"translator\"><firstname></firstname><surname></surname><affiliation><address><email></email></address></affiliation><contrib></contrib> cos contidos correctos, e a andar (non o probei, como mo fai o kbabel nunca tiven a necesidade). 3.- Pero hai un ficheiro-chave máis: kdoctools/docbook/xsl/common/gl.xml que contén a tradución de textos que non aparecen como tais no ficheiro docbook, pero si na tradución final. Existe un ficheiro gl.xml, no paquete docbook-xsl-1.74.0 e posibelmente nalgún anterior tamén, que será, tras corrixir erros, o que deba ocupar o lugar. > > O que non sei é como se xera a documentación, así que non está probado. > > Vale, isto tamén debe ir á lista e máis na páxina do proxecto en > trasno. É só ter copias dos repositorios correctos e executar un dos > scripts. Explícome: é moi recomendábel manter unha estrutura típica e común na árbore de ficheiros do proxecto que se estexa a traducir, a saber: /home/usuario/Traducion/KDE/ onde haberá: trunk/l10n-kde4/ gl templates scripts documentation branches/stable/l10n-kde4/ gl templates scripts l10n-support gl Eses son os mínimos, posibelmente, se vos gusta acabar coa picha revirada como a dun cocho, ampliedes algunha cousa. Para xerar a documentación traducida hai que satisfacer uns requerimentos previos: 1.- Ter a estrutura de ficheiros que dixen antes, todos eles copias locais dos correspondentes repositorios. 2.- Ter completa a tradución de todos e cada un dos ficheiros que compoñen a documentación dun programa. Por exemplo: lokalise só ten un ficheiro, completada a tradución deste non me deu problemas o xerar o docbook en galego, porén kturtle son seis ficheiros, e debo completar a tradución de todos eles antes que nada. 3.- Ter en conta que non sempre vai á primeira: ás veces é preciso executar a compilación da documentación tantas veces como profundidade haxa nas dependencias entre os ficheiros docbook (A => 1 vez; (A<-B) =>2 veces; A<-(B, (C<-D)) => 3 veces). 4.-O comando é: cd ~/Traducion/KDE/trunk/l10n-kde4 ./scripts/update_xml gl o update_xml admite máis parámetros para xerar só un módulo ou documento. Precisa de meinprox e de po2xml. Debe terse a documentación orixinaria inglesa, onde se dixo en riba. E iso é todo. Anexo o borrador de traballo actual dos contidos do kdoctools, útil por se alguén máis quere facer probas. Eu pola miña banda, rematado kturtle, pasarei a darlle os retoques finais a gl.xml e tentar convencer a aacid de que os poña no lugar correspondente para 4.2. -- Best regards, MV
kdoctools_gl.tar.gz
Description: application/tgz

