2008/8/6 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>>  O que
>> ainda creo que non conseguin, non o lembro ben, foi que todas as
>> cousas que aparecen automáticamente na xeración (coma índice, táboas
>> de figuras...) me aparezan en galego.
>
>
> Home, xa somos dous.
>
> Estou a traballar niso, pero non o dou conseguido. Penso que teño
> criados e no sitio todos os ficheiros que preciso, e retocados outros
> poucos (por iso de "Gallegan"). Máis algo me falla e non me recoñece a
> lingua "gl".
> Estou a traballar no asunto. Xa che direi

Home grazas. Eu creo que o deixara desesperado porque non me ía e
naquel momento non queria estarlle dando voltas máis de dous días.

Por certo, vin o outro día que en Battle for Wesnoth para xerar o
manual precísase ter traducido como mínimo o 80% do ficheiro .po.

Ata logo,
                 Leandro Regueiro

Responderlle a