O Xoves 25 de Setembro de 2008 ás 17:16, mvillarino dicía: >...ou programas que manexen conceitos de particionado...
Como xa che dixeron, proba co gparted: http://ovh.dl.sourceforge.net/sourceforge/gparted/gparted-0.3.9.tar.bz2 Aí tes un gl.po que fixo Nacho. >Coñecedes algún que estexa traducido ao galego? Con que teña traducido cousas >como "swap" "extended" ou semellantes abondaríame. Eu persoalmente prefiro non traducir "swap". E "extended" é "estendida", ollo que no gparted está mal e aparece como "extendida" ;) P.D: Volto á lista dous anos despois, nin me decatei de que me desuscribira, que triste. Pero sigo sen ter tempo para traducir, así que seguirei sendo un "antigo colaborador" ;) -- Unha aperta, Jesús Bravo Álvarez

