Suso, grazas a vós por facer públicos os avances. Sinceramente. O apoio intitucional é motivo de orgullo.
Só dous apuntamentos sinxelos: 1. Á hora de presentalo ó público, un 99'...% pódese dicir que virtualmente é un 100%. Cada DÍA estanse a sumar e eliminar cadeas, e nun proxecto de aprox. 130mil cadeas na interface coma KDE e nun algo menos, pero amplo, GNOME, é dificil conseguir estar sempre no 100% absoluto. 2. Cando mencionedes a comunidade de tradutores,por favor, nomeade a TRASNO, para que xente nos busque se lle interesa saber de que vai isto. No caso doutros programas que nós non traduzamos, Kudos a quen lle corresponda (ie. ciberirmandade, ubu) Isto só son dúas pequenas suxerencias/peticións. Grazas de novo por nos dar bombo. Val moito. O Saturday 04 October 2008 19:54:16 [email protected] escribiu: > Parabéns, é o único que se pode dizer. Se co sistema actual que temos en > Mancomún queres que asumamos a tradución dalgo que vexas útil ou calquera > outra cousa que esté no meu alcance, simplemente avisa. > > http://www.vieiros.com/nova/69327/os-principais-escritorios-de-linux-estan- >en-galego-ao-99 > http://www.sociedadedainformacion.eu/actualidade/nova.php?id=1169&lg=gal > http://www.mancomun.org/novas/localizacion-e-traducion/kde-4.2-traducido-ao >-galego-ao-99-3.html > > Saúdos, > > mvillarino escrebeu: > > Xa o podedes ler no dot.kde.org, acaba se publicarse KDE 4.1.2. > > Para os amantes das estatÃsticas, a tradución ao galego está completa > > no 99,87% da gui, e no 7,88% da documentación. > > > > Os principais puntos fracos que temos son os das anteriores veces, mais > > desta vez moi minguados, grazas ao traballo de Xosé Calvo, Miguel Branco > > e Manuel Vázquez. > > > > KDE 4.2 sairá, deus mediante, a finais de xaneiro de 2009 (en ppio o > > dÃa 27). > > > > Nun universo ideal deberÃamos prantexarnos os seguintes fitos para antes > > desa data: > > > > -Manter koffice no 100%, polo menos os programas que sairán na 2.0. > > > > -Estar en condicións por ktuberling (o home pataca) no 100%. Isto > > implica atopar a alguén con voz anxelical, e gravar unhas poucas > > palabras nuns ficheiros > > > > -Manter completado kdepim (recentemente puxéronse 120+ mensaxes > > dubidosas dun plumazo), e ir acabando a documentación deste. Neste eido, > > os azos de Xosé Calvo merecen mención á parte, sendo nestes momentos > > con moita diferenza a persoa que máis contribuiu á tradución de > > documentación. > > > > -Eu irei dándolle aos outros módulos para manter a posición. Non vos > > fagades a ilusión de ter unha das medallas, as estatÃsticas indican que > > o resto dos equipos veñen vindo, e a letra "g" non é das primeiras do > > alfabeto... > > > > -Polo demáis pouco podo dicir. Cando preguntades o que facer xa non sei > > que contestar, á parte da documentación. > > -- > > Best regards, > > MV > > > > > > -- > > To unsubscribe, send mail to [email protected]. > > -- > Xesús Manuel Benítez Baleato Coordenador > Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org > Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ ES) > Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113 <suso.baleato @ mancomun.org>

