> eu tamén. Avanti ideas. Eu teño pouca experiencia co debuxo vectorial así que
> o que a teña...iso si, igual dou algunha idea.

A min non é que se me dea especialmente ben, pero teño enredado moitas
horas co Inkscape, ainda que eu preferiria buscar alguén que se
dedique a isto de forma máis profesional.

Por ideas, podemos partir das que xa habia
http://web.archive.org/web/20030602093926/www.trasno.net/logos/

Eu persoalmente estou por facer unha especie de imaxe con forma de
trasno (non sei realmente que forma teñen), ou manter o tux ca
bandeira galega no bandullo, ou usar o logo proposto por Francisco
Xosé Vázquez Grandal, que me parece moi bonito e traballado.

Tamén podedes propoñer novas ideas. En todo caso o logo habería que
facelo con formato vectorial libre SVG.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a