2008/10/7  <suso.bale...@xunta.es>:
> Boas,
>
> Como no anterior g11n decidiramos facer o tema en compostela pospoñendo Lugo
> para a seguinte ocasión, e as datas semellan apuntar á primeira semana de
> novembro, pregunto onde poderiamos facelo?

En atención ás datas suxeridas, eu aconsello realizalo nalgunha das
casetas do San Froilán. No "Fonsagrada" fan un cocido interesante,
pero non sei como vos explicar onde está (por baixo do que foi local
de Alto Minho, xunto ás Fontiñas)

Bromas á parte, o ideal sería nalgún local da usc dentro do campus,
por iso do aparcamento.
A politécnica ou a biblioteca son lugares cos que é difícil perderse.

> Paréceme que era mvillarino quen propoñía Lugo na anterior ocasión,

Pozí

> a Xunta o custe dunha comida e/ou unha cea por exemplo,

Vid supra. Eu no da cea non o teño tan claro, seguro que a muller quer
ir tamén aló (ás Termas), e ha querer cear e ver unha película no
centro comercial... para as copas tampouco podo ser de grande axuda:
levo un lustro, sen coñas, sen sair polas noites. Daquela,
acostumábamos ir ao Campo Castelo (ao ben folkdido et al.), e pola
zona de viños, onde había unhas tapas de agárrate.

Nisto hanvos ser de máis utilidade ou Antonio ou D'as Seixas, que este
é de Lugo.

Responderlle a