On Friday 24 October 2008 16:55:43 Leandro Regueiro wrote:
> 2008/10/24 Miguel Branco <bandu...@gmail.com>:
> > On Friday 24 October 2008 14:42:07 Leandro Regueiro wrote:
> >> Pois haberá que buscar novos tradutores xa, senón o castelo vainos
> >> cair enriba...
> >
> > Si, sinto moito escoitarvos dicir iso.
> >
> > Así que, si, vai haber que ir pensando en recrutar xente que xa estaba na
> > allada, xente que anda por cousas como o launchpad de Ubuntu... so on.
>
> Eu estaba pensando na xente nova. O que me fai pensar en que teño que
> poñerme a facer unha presentación para ese asunto xa mesmo. Estiven
> pensando partir da de Jacobo, que ten boa pinta, pero non sei moi ben
> como completala. Mágoa que non haxa un vídeo da charla, que sería de
> moita axuda. Tamén tomarei ideas da presentación de Tsao nas xornadas
> de SL deste ano na FIC, que ainda que non fora unha presentación, si é
> bastante interesante pola discusión que houbo.
>
> Ata logo,
>                        Leandro Regueiro

eu estiven a preparar cousas pra a akademy-es (deixenma expoñer ou non) así 
que para facer apoloxía da localización en plan técnico val. Despois, está a q 
fixen para o de Carballo da que tamén podes coller ideas (busca na lista de 
correo que nalgún lado a colguei pero non recordo onde, poida que en scribd > 
carballo, non sei)

e si... eu tamén pensaba en xente nova. Igual habería que recopilar nunha 
axenda direccións de tradutores presentes e pasados, xente das empresas etc 
pra estas cousas))

Responderlle a