2008/10/24 Miguel Branco <bandu...@gmail.com>:
> On Friday 24 October 2008 16:55:43 Leandro Regueiro wrote:
>> 2008/10/24 Miguel Branco <bandu...@gmail.com>:
>> > On Friday 24 October 2008 14:42:07 Leandro Regueiro wrote:
>> >> Pois haberá que buscar novos tradutores xa, senón o castelo vainos
>> >> cair enriba...
>> >
>> > Si, sinto moito escoitarvos dicir iso.
>> >
>> > Así que, si, vai haber que ir pensando en recrutar xente que xa estaba na
>> > allada, xente que anda por cousas como o launchpad de Ubuntu... so on.
>>
>> Eu estaba pensando na xente nova. O que me fai pensar en que teño que
>> poñerme a facer unha presentación para ese asunto xa mesmo. Estiven
>> pensando partir da de Jacobo, que ten boa pinta, pero non sei moi ben
>> como completala. Mágoa que non haxa un vídeo da charla, que sería de
>> moita axuda. Tamén tomarei ideas da presentación de Tsao nas xornadas
>> de SL deste ano na FIC, que ainda que non fora unha presentación, si é
>> bastante interesante pola discusión que houbo.
>>
>> Ata logo,
>>                        Leandro Regueiro
>
> eu estiven a preparar cousas pra a akademy-es (deixenma expoñer ou non) así
> que para facer apoloxía da localización en plan técnico val. Despois, está a q
> fixen para o de Carballo da que tamén podes coller ideas (busca na lista de
> correo que nalgún lado a colguei pero non recordo onde, poida que en scribd >
> carballo, non sei)
>
> e si... eu tamén pensaba en xente nova. Igual habería que recopilar nunha
> axenda direccións de tradutores presentes e pasados, xente das empresas etc
> pra estas cousas))

A iso andiven eu hai uns meses, pero creo que non rematei a lista. A
ver se a busco.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a