Boas:

Ignacio Casal Quinteiro escribiu:
Eu a verdade e que xa estou un pouco queimado de tanto cambio, como dis, primeiro tiñamos fiestra (caso de Gnome) despois non sei por qué razón cambiouse a ventá, agora xanela, que pasa? imos ir rotando os termos para usar un cada ano? Para min isto é unha tomadura de pelo, tanto para o usuario como para todos os voluntarios, xa que implica moito esforzo
en algo que non ten moito sentido.

Saúdos.

Eu penso que non hai que ser tan purista. Eu entendo iso como estilo (comentou Antón algo ao respecto no g11n v2), as tres son opcións válidas (ventá, xanela, fiestra). Neste caso, penso que o glosario de mancomún debería aprender un pouco do de trasno, no que pon as traducións válidas e unha recomendada. Isto da liberdade ao voluntario e condiciona ao contratado pola administración para labores de tradución.
Vexase tamén no glosario de trasno add-on ou plugin.

Está claro que é difícil que o glosario contente a todos. Aquí temos que por todos da nosa parte. O de separador(lingüeta) que entra en conflito con separador (de menús) claramente é outra das cousas que é para min incomprensíbel. Hai máis cousas pero gustaríame analizar o documento con máis calma antes de comentalo en profundidade.
Saúdos



2008/11/3 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com <mailto:mgl.bra...@gmail.com>>

    Olá, tomeime a molestia de ler o documento de traballo que nos
    destes na reunión e vou facer un par de críticas ou anotacións. Xa
    deixo claro de antemán que pretenden ser constructivas inda que
    algunhas non o aparenten.

    Creo que hai xente da que non foi ó g11n_2, voulle chamar así, que
    inda non ten o manual pero creo que se pode a comezar a discutir
    igualmente, pois supoño que pronto o pasaredes.

    ~Vexo que falta o prólogo... vese que é unha 0.5, :)

    en serio:

    ~ pax 11. nun documento final, deberíanse elaborar moito máis estes
    conceptos relacionados cos estándares, incluso comentando detalles
    das especificacións dos formatos, inda que fora nun apéndice.

    ~ pax13 Kbabel non se está xa a desenvolver e é un proxecto
    abandonado. Lokalize pretende sustituir plenamente a Kbabel, e non
    recibe o nome de KAider (nin sequera se usou moito tempo este
    nome)., inda que a wiki o manteña Borrade a anotación de KAider.
    Tedes mellor información da ferramenta dende
    http://cia.vc/stats/project/kde/lokalize ca na wiki, ademais de la
    lista de lokalize de KDE, se a pedides .

    ~pax 14 Lokalize é multiplataforma pois KDE éo ( http://mac.kde.org/
    http://windows.kde.org/ idem para os BSD ) . Hai versión Mac de poEdit.

    ~pax 17 xa ampliarei a miña conceptualización do esquema do modelo
    de localización

    ~pax 21 punto 1. creo que hai que especificar que son un apoio, non
    unha maneira de realizar transliteracións de calquera idioma que se
    nos antolle. Deberíase indicar que poden aparecer sesgos ó empregar
    o apoio doutros idiomas. punto 2. eu son biólogo e traduzo, mais que
    'informáticos e lingüístas', informáticos, xente doutras disciplinas
    científicas e lingüístas.

    ~ pax 23 'benvido(a)'. é realmente necesario especificar os dous
    xéneros sempre??, paréceme ridículo. Na lingua ó masculino é tamén a
    posición neutra. IMHO.

    ~ pax 23. Cando se remite a menús como no terceiro exemplo, 'abra a
    xanela Viñetas', viñetas non debería ser entrecomiñado que se
    identifique mellor coma un menú?

    ~pax 33. O cuarto principio e a aplicación no algoritmo. Problemas.
    como afrontamos as incoherencias do portugués? que pasa cando non
    diferencian ben un termo que en realidade ten varios significados
    (ie. add-on). como resolvemos a polisemia portuguesa?. como
    comprobamos a implantación do termo en portugués? que facemos se
    eles non traducen (=maioría dos casos)? por moito que favorezamos a
    aplicación do 4º principio, como vamos traducir un termo coma o
    portugués cando existen dous sinónimos perfectos pero que varían en
    uso aquí e acolá? decidimos que un sinónimo igual ó maioritario luso
    sexa a forma preferente cando no día a día aquí é o menos
    empregado?. Non vexo tan claro eu iso da solidaridade tarara tarara.

    ~pax 34 Porqué incluír ó español no esquema? porque se incluímos ó
    español, lingua coa que temos un problema pois xa no día a día se
    importa demasiado vocabulario erradicando o noso propio, non
    incluímos ó astur-leonés, aragonés, catalán ou ladino? mesmo o
    francés, o italiano ou o romanés?. Galego e portugués son un
    diasistema, de aí a razón do cuarto principio, pero o galego e o
    castelán NON. Hai tanto motivo para incluílo non algoritmo coma
    calquera outra lingua romance. ie. en KDE ás veces comprobo as
    traducións de diferentes cadeas cando teño dúbidas dende aquí
    http://l10n.kde.org/dictionary/compare-translations.php e son tan
    útiles os resultados en italiano ou o catalán coma o en español.
    Moitas veces máis correctos.

    ~pax 34. + do algoritmo. CONSUME MOITO TEMPO E IMPLICA MOITO ESFORZO
    tal como se plantea. É inabarcable para todos e cantos termos haxa
    que traducir. Como moito, dádelo feito para o glosario máis básico.

    ~ pax. 36 dádesvos conta de que aplicar o algortimo este vai
    implicar cambiar ducias senón de traducións en tódolos proxectos de
    termos que se repiten milleiros de veces!!!!!!!!!!!!???.
    especialmente se rompedes os consensos xa establecidos e vos poñedes
    a discutir termos coma 'window'. Fixéronse centos de tradución con
    fiestra e ventá pero nunca xanela. Por moito que este documento e un
    documento para VÓS traballar, se o servidor de memorias e común
    acaba por nos afectar a NÓS, comunidade, que teremos que replicar os
    consensos ós que vaiades chegando.

    ~pax. 37 negra. Poñer a letra en negra???. quen di que o termo
    galego é negra?. O que se empregou foi negriña.

    ~pax 41. Ai, si, hai que cambiar todo(a) por -os e -as.Pareceme
    ridículo que iso vaia nas interfaces!. Na documentación, ben, pero
    nas interfaces... non hei ser eu.

    ~pax 41. isto falámolo en trasno non hai moito. porqué Kazakhstán e
    non cacixistán?. Hai antecedentes neste sentido? por que forma opta
    a RTVG?.

    ~pax 41. 'you' > -polo usuario. Ese primeiro exemplo eu traduciriao
    coma 'busca o texto formatado co estilo que especifique', que tamén
    creo que é unha opción moi válida.

    ~pax 41 porqué se depreca a forma comparativa 'máis/menos ca' en
    favor de 'que...'. Normativa en man, non vexo que nigunha se
    estableceza coma máis correcta nin vexo a necesidade de fixar unha
    forma fronte á outra para as traducións. É un aspecto gramatical
    irrelevante a efectos de coherencia.

    ~pax 43 no canto de ' non é posible', non serían igualmente válidos
    'non se deu...', 'non seu puido'?

    ~pax 45 Ben! moi acertado resaltar o 'futuro de subxuntivo', que
    acae moi ben en moitas traducións. De feito téndese a erradicar
    tódalas formas subxuntivas cando aporta moito valor á hora de se
    expresar con precisión.

    Proximamente, máis.

    Saúdos!


    _______________________________________________
    G11n mailing list
    g...@mancomun.org <mailto:g...@mancomun.org>
    http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n



------------------------------------------------------------------------

_______________________________________________
G11n mailing list
g...@mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

Responderlle a