Leandro Regueiro escribiu:
~ pax 23. Cando se remite a menús como no terceiro exemplo, 'abra a
xanela
Viñetas', viñetas non debería ser entrecomiñado que se identifique mellor
coma un menú?
O dito noutra parte, o de "xanela" toca un pouco as narices, e o mesmo
"separador" por "tab". Creo que no esquema do documento este ven a
comprobación de conflitos con outros posibles termos, non vexo que o
comprobarades no caso de "xanela", caso no cal hai conflito co atallo
de "axuda". E o dito, separador para a xente é outra cousa, non un
"tab".
dacordo con isto
Na páx. 29 non vexo o de -bel, realmente alguén fala o galego así? Eu
traduzo para que outra xente utilice as miñas traducións.
é unha forma aceptada pola RAG polo tanto valida. Por outra banda a escrita
non ten que ir exactamente ao carón do falado. Imaxina como tería que
escribir un andaluz por exemplo.
Supoño que un linguista sabería explicar porque esta forma é perfectamente
válida. Finalmente, penso que esta é outra das cuestións de estilo.
exemplo
-bel (recomendada)
-ble
Está claro que un proxecto (aplicación) ha de gardar consistencia pero poden
haber distintos estilos á hora de traducir. Penso que isto é a riqueza da
nosa lingua.

Penso que habendo posibilidades entre as que se pode escoller (a norma
non indicaba unha en concreto, non?) prefiro escoller -ble.

~pax. 37 negra. Poñer a letra en negra???. quen di que o termo galego é
negra?. O que se empregou foi negriña.
Eu o de negra non o vexo tan mal, ainda que negriña tampouco me parece
mal, pero seguro que isto xa foi decidido por alguén e aparece nos
diccionarios.
eu non lle vexo sentido, para min e grosa o de negra a día de hoxe non ten
sentido, xa non usamos pantallas/textos só en branco e negro.
O que realmente fai é por máis "grosa" a letra que se amosa.

Outra posibilidade da que non me lembraba.

~pax 41. isto falámolo en trasno non hai moito. porqué Kazakhstán e non
cacixistán?. Hai antecedentes neste sentido? por que forma opta a RTVG?.
A ver, disto falouse algo no primeiro g11n, e no g11nv2 xa preguntei
polo da RTVG, que resulta que vai ser que non contemos con eles. Isto
é moi importante fixalo xa, e deixalo amarrado para sempre xa que
estas cousas aparecen en moitos sitios (mínimo seis ou sete, e con
isto refírome a: nomes de moedas, linguas, paises, continentes, fusos
horarios...

A primeira tradución de Trasno destas cousas fixérase, se non lembro
mal, cun atlas de edicións do cumio, despois eu fóraas completando
mirando en diccionarios e con algún recurso que atopara na web (creo
que na páxina de Vieiros). Despois entereime de Jacobo Tarrío o
traducia en Debian e que o tiña completo (máis ou menos). Despois
viñeron o g11n, o da RTVG...
Eu teñoo claro, os nomes propios non se traducen, adaptanse á grafía como
moito.

Seguro que non lle chamas Londres?
Non é como lle chamo senon como o traduciría, e traduciría por London. Penso que é por coherencia, non me gusta que se traduzan toponimos galegos polo que trato de aplicar o mesmo para os demais. Ademais non hai que esquecer a utilidade que isto pode ter se algún día viaxas...



Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a