>>> ~ pax 23. Cando se remite a menús como no terceiro exemplo, 'abra a
>>> xanela
>>> Viñetas', viñetas non debería ser entrecomiñado que se identifique mellor
>>> coma un menú?
>>
>> O dito noutra parte, o de "xanela" toca un pouco as narices, e o mesmo
>> "separador" por "tab". Creo que no esquema do documento este ven a
>> comprobación de conflitos con outros posibles termos, non vexo que o
>> comprobarades no caso de "xanela", caso no cal hai conflito co atallo
>> de "axuda". E o dito, separador para a xente é outra cousa, non un
>> "tab".
>
> dacordo con isto
>>
>> Na páx. 29 non vexo o de -bel, realmente alguén fala o galego así? Eu
>> traduzo para que outra xente utilice as miñas traducións.
>
> é unha forma aceptada pola RAG polo tanto valida. Por outra banda a escrita
> non ten que ir exactamente ao carón do falado. Imaxina como tería que
> escribir un andaluz por exemplo.
> Supoño que un linguista sabería explicar porque esta forma é perfectamente
> válida. Finalmente, penso que esta é outra das cuestións de estilo.
> exemplo
> -bel (recomendada)
> -ble
> Está claro que un proxecto (aplicación) ha de gardar consistencia pero poden
> haber distintos estilos á hora de traducir. Penso que isto é a riqueza da
> nosa lingua.

Penso que habendo posibilidades entre as que se pode escoller (a norma
non indicaba unha en concreto, non?) prefiro escoller -ble.

>>> ~pax. 37 negra. Poñer a letra en negra???. quen di que o termo galego é
>>> negra?. O que se empregou foi negriña.
>>
>> Eu o de negra non o vexo tan mal, ainda que negriña tampouco me parece
>> mal, pero seguro que isto xa foi decidido por alguén e aparece nos
>> diccionarios.
>
> eu non lle vexo sentido, para min e grosa o de negra a día de hoxe non ten
> sentido, xa non usamos pantallas/textos só en branco e negro.
> O que realmente fai é por máis "grosa" a letra que se amosa.

Outra posibilidade da que non me lembraba.

>>> ~pax 41. isto falámolo en trasno non hai moito. porqué Kazakhstán e non
>>> cacixistán?. Hai antecedentes neste sentido? por que forma opta a RTVG?.
>>
>> A ver, disto falouse algo no primeiro g11n, e no g11nv2 xa preguntei
>> polo da RTVG, que resulta que vai ser que non contemos con eles. Isto
>> é moi importante fixalo xa, e deixalo amarrado para sempre xa que
>> estas cousas aparecen en moitos sitios (mínimo seis ou sete, e con
>> isto refírome a: nomes de moedas, linguas, paises, continentes, fusos
>> horarios...
>>
>> A primeira tradución de Trasno destas cousas fixérase, se non lembro
>> mal, cun atlas de edicións do cumio, despois eu fóraas completando
>> mirando en diccionarios e con algún recurso que atopara na web (creo
>> que na páxina de Vieiros). Despois entereime de Jacobo Tarrío o
>> traducia en Debian e que o tiña completo (máis ou menos). Despois
>> viñeron o g11n, o da RTVG...
>
> Eu teñoo claro, os nomes propios non se traducen, adaptanse á grafía como
> moito.

Seguro que non lle chamas Londres?

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a