Boas:

Leandro Regueiro escribiu:
Respondo sobre o de Miguel porque a outra xente queixouse menos :)

2008/11/3 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
Olá, tomeime a molestia de ler o documento de traballo que nos destes na
reunión e vou facer un par de críticas ou anotacións. Xa deixo claro de
antemán que pretenden ser constructivas inda que algunhas non o aparenten.

Igualmente.

Creo que hai xente da que non foi ó g11n_2, voulle chamar así, que inda non
ten o manual pero creo que se pode a comezar a discutir igualmente, pois
supoño que pronto o pasaredes.

~Vexo que falta o prólogo... vese que é unha 0.5, :)

en serio:

~ pax 11. nun documento final, deberíanse elaborar moito máis estes
conceptos relacionados cos estándares, incluso comentando detalles das
especificacións dos formatos, inda que fora nun apéndice.

Non estaria mal. A min non é que me afecte moito, baixeime os
estándares e quedei parvo. Ninguén coma os redactores dos estándares
para facerte sentir parvo.

Non podo deixar de indicar, como xa lle indicara na xuntanza a Suso,
que o segundo título da páx. 11 ten un erro: a frase que aparece xusto
despois del en realidade forma parte do titulo.

~ pax13 Kbabel non se está xa a desenvolver e é un proxecto abandonado.
Lokalize pretende sustituir plenamente a Kbabel, e non recibe o nome de
KAider (nin sequera se usou moito tempo este nome)., inda que a wiki o
manteña Borrade a anotación de KAider. Tedes mellor información da
ferramenta dende http://cia.vc/stats/project/kde/lokalize ca na wiki,
ademais de la lista de lokalize de KDE, se a pedides .

Penso que conviria manter a anotación pero cambiandoa con
"anteriormente Kaider".

~pax 14 Lokalize é multiplataforma pois KDE éo ( http://mac.kde.org/
http://windows.kde.org/ idem para os BSD ) . Hai versión Mac de poEdit.

Certo.

~pax 17 xa ampliarei a miña conceptualización do esquema do modelo de
localización

Agardo. Por certo, que sigo sen ver o de que o Pootle poida actuar
coma o sistema de xestión e consulta de memorias que propuxera para
PFC Fran Diéguez. Igual é que instalei este finde unha versión algo
vella (1.1), pero mirei na web e non creo que avanzaran tanto para a
1.2.

~pax 21 punto 1. creo que hai que especificar que son un apoio, non unha
maneira de realizar transliteracións de calquera idioma que se nos antolle.
Deberíase indicar que poden aparecer sesgos ó empregar o apoio doutros
idiomas. punto 2. eu son biólogo e traduzo, mais que 'informáticos e
lingüístas', informáticos, xente doutras disciplinas científicas e
lingüístas.

Concordo.

~ pax 23 'benvido(a)'. é realmente necesario especificar os dous xéneros
sempre??, paréceme ridículo. Na lingua ó masculino é tamén a posición
neutra. IMHO.

Isto vai complicar as traducións, e como dis nalgures, aplicar todos
estes cambios vai levar mínimo un ano no que prácticamente non
aumentaremos o volume de traducións. Esixo polo menos, chegar a unha
lista de cambios e normas e estilos e todo isto, moi completa de xeito
que non teñamos que comezar o proceso unha e outra vez porque nos
esqueceu algo. Xa me vexo agora traducindo con manual xunta min ;-)

~ pax 23. Cando se remite a menús como no terceiro exemplo, 'abra a xanela
Viñetas', viñetas non debería ser entrecomiñado que se identifique mellor
coma un menú?

O dito noutra parte, o de "xanela" toca un pouco as narices, e o mesmo
"separador" por "tab". Creo que no esquema do documento este ven a
comprobación de conflitos con outros posibles termos, non vexo que o
comprobarades no caso de "xanela", caso no cal hai conflito co atallo
de "axuda". E o dito, separador para a xente é outra cousa, non un
"tab".
dacordo con isto

Na páx. 29 non vexo o de -bel, realmente alguén fala o galego así? Eu
traduzo para que outra xente utilice as miñas traducións.
é unha forma aceptada pola RAG polo tanto valida. Por outra banda a escrita non ten que ir exactamente ao carón do falado. Imaxina como tería que escribir un andaluz por exemplo. Supoño que un linguista sabería explicar porque esta forma é perfectamente válida. Finalmente, penso que esta é outra das cuestións de estilo.
exemplo
-bel (recomendada)
-ble
Está claro que un proxecto (aplicación) ha de gardar consistencia pero poden haber distintos estilos á hora de traducir. Penso que isto é a riqueza da nosa lingua.


~pax 33. O cuarto principio e a aplicación no algoritmo. Problemas. como
afrontamos as incoherencias do portugués? que pasa cando non diferencian ben
un termo que en realidade ten varios significados (ie. add-on). como
resolvemos a polisemia portuguesa?. como comprobamos a implantación do termo
en portugués? que facemos se eles non traducen (=maioría dos casos)? por
moito que favorezamos a aplicación do 4º principio, como vamos traducir un
termo coma o portugués cando existen dous sinónimos perfectos pero que
varían en uso aquí e acolá? decidimos que un sinónimo igual ó maioritario
luso sexa a forma preferente cando no día a día aquí é o menos empregado?.
Non vexo tan claro eu iso da solidaridade tarara tarara.

Eu prefiro optar primeiro polas solucións dos brasileiros, tenden a
escoller coma os galegos. Podo dicir da miña experiencia no wesnoth,
que cando consulto outro idioma para decantarme por unha tradución ou
outra, que consulto primeiro o portugués brasileiro, despois o
italiano, despois o romanés (se teñen esa parte traducida), despois o
portugués (cando esa parte a traduciron, e a traduciron "ben") e mailo
francés, e por último o castelán (fan unhas traducións horribles, por
iso van de últimos).

~pax 34 Porqué incluír ó español no esquema? porque se incluímos ó español,
lingua coa que temos un problema pois xa no día a día se importa demasiado
vocabulario erradicando o noso propio, non incluímos ó astur-leonés,
aragonés, catalán ou ladino? mesmo o francés, o italiano ou o romanés?.
Galego e portugués son un diasistema, de aí a razón do cuarto principio,
pero o galego e o castelán NON. Hai tanto motivo para incluílo non algoritmo
coma calquera outra lingua romance. ie. en KDE ás veces comprobo as
traducións de diferentes cadeas cando teño dúbidas dende aquí
http://l10n.kde.org/dictionary/compare-translations.php e son tan útiles os
resultados en italiano ou o catalán coma o en español. Moitas veces máis
correctos.

~pax 34. + do algoritmo. CONSUME MOITO TEMPO E IMPLICA MOITO ESFORZO tal
como se plantea. É inabarcable para todos e cantos termos haxa que traducir.
Como moito, dádelo feito para o glosario máis básico.

Eu penso que a idea é aplicalo a novos termos que producen problemas.
A maioría dos casos non hai nada que discutir, ainda que sempre hai
ámbitos problemáticos (GIMP ou Inkscape).

~ pax. 36 dádesvos conta de que aplicar o algortimo este vai implicar
cambiar ducias senón de traducións en tódolos proxectos de termos que se
repiten milleiros de veces!!!!!!!!!!!!???. especialmente se rompedes os
consensos xa establecidos e vos poñedes a discutir termos coma 'window'.
Fixéronse centos de tradución con fiestra e ventá pero nunca xanela. Por
moito que este documento e un documento para VÓS traballar, se o servidor de
memorias e común acaba por nos afectar a NÓS, comunidade, que teremos que
replicar os consensos ós que vaiades chegando.

Eu intentarei aplicar os consensos e corrixir as traducións que non se
axeiten a eles, pero primeiro imos ter que chegar a un consenso.


~pax. 37 negra. Poñer a letra en negra???. quen di que o termo galego é
negra?. O que se empregou foi negriña.

Eu o de negra non o vexo tan mal, ainda que negriña tampouco me parece
mal, pero seguro que isto xa foi decidido por alguén e aparece nos
diccionarios.
eu non lle vexo sentido, para min e grosa o de negra a día de hoxe non ten sentido, xa non usamos pantallas/textos só en branco e negro.
O que realmente fai é por máis "grosa" a letra que se amosa.


~pax 41. Ai, si, hai que cambiar todo(a) por -os e -as.Pareceme ridículo que
iso vaia nas interfaces!. Na documentación, ben, pero nas interfaces... non
hei ser eu.

Iso na interface queda fatal, e na axuda igual tamén.

~pax 41. isto falámolo en trasno non hai moito. porqué Kazakhstán e non
cacixistán?. Hai antecedentes neste sentido? por que forma opta a RTVG?.

A ver, disto falouse algo no primeiro g11n, e no g11nv2 xa preguntei
polo da RTVG, que resulta que vai ser que non contemos con eles. Isto
é moi importante fixalo xa, e deixalo amarrado para sempre xa que
estas cousas aparecen en moitos sitios (mínimo seis ou sete, e con
isto refírome a: nomes de moedas, linguas, paises, continentes, fusos
horarios...

A primeira tradución de Trasno destas cousas fixérase, se non lembro
mal, cun atlas de edicións do cumio, despois eu fóraas completando
mirando en diccionarios e con algún recurso que atopara na web (creo
que na páxina de Vieiros). Despois entereime de Jacobo Tarrío o
traducia en Debian e que o tiña completo (máis ou menos). Despois
viñeron o g11n, o da RTVG...
Eu teñoo claro, os nomes propios non se traducen, adaptanse á grafía como moito.


~pax 41. 'you' > -polo usuario. Ese primeiro exemplo eu traduciriao coma
'busca o texto formatado co estilo que especifique', que tamén creo que é
unha opción moi válida.

Eu tamén. Ainda que o outro queda máis profesional.

~pax 41 porqué se depreca a forma comparativa 'máis/menos ca' en favor de
'que...'. Normativa en man, non vexo que nigunha se estableceza coma máis
correcta nin vexo a necesidade de fixar unha forma fronte á outra para as
traducións. É un aspecto gramatical irrelevante a efectos de coherencia.

A min iso non me gusta nadiña. Para min esa opción entra no saco de
"alonxarnos da xente de a pé que é a que vai usar as nosas traducións"
.

Na páx. 42 aparece "caixa de diálogo" coma tradución de "dialog", que
eu sempre traducín coma "diálogo". O resto da xente como o fai?

~pax 43 no canto de ' non é posible', non serían igualmente válidos 'non se
deu...', 'non seu puido'?

Ou "non foi posible"...

Na páx. 44 usades 'escalar' e non 'redimensionar', por que?

~pax 45 Ben! moi acertado resaltar o 'futuro de subxuntivo', que acae moi
ben en moitas traducións. De feito téndese a erradicar tódalas formas
subxuntivas cando aporta moito valor á hora de se expresar con precisión.

Un pequeno erro (probábell) na páx. 45, hai que usar o corrector. Por
outra banda eu teria dito 'Se o desexa' e 'cando estea rexistrado'. Un
pouco máis abaixo vexo 'estiverem', isto é un erro ou é que me perdín
algo máis no da reforma das normas?

Ainda máis abaixo, na páx. 45 vexo que no exemplo de 'conectar con
redes privadas', o contraexemplo é exactamente o mesmo, e ademais eu
teria usado 'conectar a redes privadas'. Dúas liñas máis abaixo
traducides 'overwrite' coma 'substituír', que en Trasno sempre
traducimos coma 'sobrescribir'.

Na páx. 46, arredondao existe? Máis abaixo no de que nas afirmacións
xenéricas o determinante indefinido... o segundo exemplo paréceme un
exemplo malo, xa que esa tradución poderia, e igual deberia,
traducirse de xeito diferente se dita opción é para eliminar efecto a
efecto e non tódolos efectos dun golpe.

Na páx. 47 en vez de 'cancelarase' eu diria 'vaise cancelar' que
supoño que tamén será unha opción totalmente válida.

Na páx. 48 vexo 'trabalho'?? Máis abaixo en vez de 'precísase dunha
aplicación' eu teria posto 'precísase unha aplicación', e no exemplo
seguinte poñedes 'aparece no círculo' cando o que diria toda persoa
normal seria 'no círculo apare'.

Na páx. 49 vexo 'créanse con base nunha táboa' que eu teria traducido
coma 'créanse a partir dunha táboa'. Máis abaixo vexo 'marcos da
animación'. Eses marcos, non sei se no mundo da animación ou da
televisión lle chaman doutro xeito, son 'fotogramas'.

Na páx. 50 leo 'exixen'. Ese corrector, canta falta nos fai!!!!


Creo que polo de agora rematei.

Ata logo,
                      Leandro Regueiro
_______________________________________________
G11n mailing list
g...@mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

Responderlle a