Leandro Regueiro escribió:
Teño empregado várias destas opcións. Non teño preferéncias.
Antes falei con Nacho (o antigo tradutor de gnome) e díxome que el
preferia resaltar, igual ca min, pero que ultimamente se pasou a
realzar porque era o que usaban en mancomun.
Ata logo,
Leandro Regueiro
Francamente complicado. Creo que podería axudar a decidir ter en conta
non só as formas senón tamén o sentido e o contexto.
O que en inglés pode ser unha única palabra en galego poden ser varias e
depende do sentido. Así non é o mesmo
- Nun texto (ou en código)
- Nunha imaxe
- Nunha UI (efecto de selección)
- Nun discurso
Realzar, contrastar, resaltar, brillar, subliñar, destacar, iluminar,
reflectir...
E tamén hai que ter en conta a colisión con outras traducións técnicas
como "outline" que pode ser destacar, resaltar, trazar, remarcar,
contornear, perfilar, subliñar, salientar...
Creo que antes habería que decidir unha cousa... en que caso estamos a
falar dun termo técnico e cando estamos a usar un vocábulo corrente. O
termo técnico debe ser fixado, o vocábulo pode ser variábel.
Pensemos nun caso como "highlight color". Non pode ser que traduzamos
"cor de brillo" porque iso non ten sentido nun texto, pero si en Gimp. E
un realce non é o mesmo que un reflexo. Seguramente axudaría unha axuda
dun deseñador e as súas técnicas.
A miña proposta agora mesmo
highlight
- nun texto, etc > realzar/realce
- nunha imaxe > distinguir: iluminar(e brillo) // reflectir (e reflexo)
- UI e discurso > todas as opcións
outline
- destacar
A verdade é que teño que estudalo moito máis.
Antón