mvillarino escribiu:
pois que precisa de python 2.5.2, e eu non o teño nos repositorios..... polo menos arrincaba....

Isto explica todo o que estaba a pasar (portátil tolo).

Opinión: poida que o debian estable sexa iso, estable, pero indo tan atrasado non ten moito mérito que se diga. A versión 2.5 de python xa hai moito que saíu, actualmente está a 2.6 e non creo que tarde moito a 3.0 pois a 2.6 é unha intermedia entre unha e outra xa que parece que perde bastante compatibilidade coas versións anteriores. Pois iso, eu anovaría, a distro, supoño que a testing xa disporá de 2.5 mínimo.

Logros, nesta akademy-es.

Wordforge traballando co corrector hunspell de galego.
E tamén fixen traballar o gnome co hunspell de galego, polo que o poedit xa traballa e recoñece o galego, idem gedit. Nin idea de se en kde tamén vai, poida que mire isto tamén.

A miña idea é facer un paquete (.deb) para que se poida descargar desde os repositorios oficiais de debian, ubuntu ou a distro que sexa, vaia que apareza no synaptic.
Leandro estibo a axudarme nisto malo será que non dea feito o paquetiño.

Isto marcha!

Responderlle a