> mvillarino escribiu:
> > pois que precisa de python 2.5.2, e eu non o teño nos repositorios.....
> > polo menos arrincaba....
>
> Isto explica todo o que estaba a pasar (portátil tolo).
>
> Opinión: poida que o debian estable sexa iso, estable, pero indo tan
> atrasado non ten moito mérito que se diga. A versión 2.5 de python xa
> hai moito que saíu, actualmente está a 2.6 e non creo que tarde moito a
> 3.0 pois a 2.6 é unha intermedia entre unha e outra xa que parece que
> perde bastante compatibilidade coas versións anteriores.
> Pois iso, eu anovaría, a distro, supoño que a testing xa disporá de 2.5
> mínimo.
>
> Logros, nesta akademy-es.
>
> Wordforge traballando co corrector hunspell de galego.
> E tamén fixen traballar o gnome co hunspell de galego, polo que o poedit
> xa traballa e recoñece o galego, idem gedit. Nin idea de se en kde tamén
> vai, poida que mire isto tamén.
Que bo sería telo no Lokalize... fáiseme a boca auga.
>
> A miña idea é facer un paquete (.deb) para que se poida descargar desde
> os repositorios oficiais de debian, ubuntu ou a distro que sexa, vaia
> que apareza no synaptic.
> Leandro estibo a axudarme nisto malo será que non dea feito o paquetiño.
>
> Isto marcha!

Responderlle a