Leandro Regueiro escribiu:
2008/11/25 Miguel Solla <brado...@gmail.com>:
Para que o enchant lles funcione a toda/os a/os usuaria/os do sistema ten
que haber un directorio $(datadir)/enchant/myspell cos arquivos gl_ES.aff e
gl_ES.dic
$(datadir)/enchant/myspell en ubuntu é /usr/share/enchant/myspell
para máis información, man enchant na consola

Vale, acabo de intentar ir a ese directorio e non teño o myspell.
Pregúntome por que ten que gardar os ficheiros eses nun directorio
chamado myspell e non hunspell.

En todo caso só haberia que saber que directorio se usa en cada distro
e ir facendo paquetes que copien eses ficheiros ó directorio
correspondente, e creo que Daniel tivera que engadirlle unhas letras a
outro ficheiro. Segundo a información que deu Miguel Solla (man
enchant) vin que hai un ficheiro que permite especificarlle ó enchant
a orde dos correctores ortográficos para cada idioma do sistema, así
que igual seria interesante poñer aí tamén ó galego.

A todo isto, KDE usa enchant tamén? O que nos interesa é unha solución
global para todos, creo eu.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Boas, estou tratando de facer o paquete para que serva para todos. En canto teña algo aviso.

Responderlle a