Miguel Branco escribiu:
 > Outra máis proposta máis de logotipo para trasno.

Boa, boa. Ten un estilo sobrio que me recorda a grandes empresas como Sun, HP...

Crítica: Gústame que a tipografía é simple, trazo claro, o de 'proxecto' encaixa ben, e acáelle a figura xeométrica. Logo, as tonalidades dos azuis non me resultan atrativas e as formas dan unha impresión pouco dinámica (termo este q lles encanta ós arquitetos!!). Concodo co do .net, iso mellor na referencia á páxina, separado do logo. Isto IMHO, of course.

Logo, fixen unha variación do que propuxera >> http://trasno.net/logo

Pois eu penso que é mellor por o enderezo ou polo menos que se intúa no logotipo, non somos nike. De feito na presentación de mancomun unha das cousas que indicaron do seu primeiro logotipo é que ía xunto co .com e agora que é máis coñecido o sitio pois desfanse del, quedando mancomún. Pero non me dera conta que o sitio non é proxectotrasno.net senón trasno.net polo que penso que no noso caso daría lugar a dúbida. Mellor tal como comentas quitalo porque penso que é bo empregar o texto "proxecto".

En canto ao das cores, pois pódense mudar calquera é libre de coller o svg e mudalo.
Envío unha nova proposta.

Attachment: logotipo_trasno_0.2.pdf
Description: Adobe PDF document

<<inline: logotipo_trasno_0.2.svg>>

Responderlle a